Certificado acta valoración méritos contratación en prácticas "O teu Primeiro Emprego 2020"
Resultado valoración méritos " O teu Primeiro Emprego 2020"
A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local.
Resultado valoración méritos " O teu Primeiro Emprego 2020"
Este domingo, 27 de setembro, celébrase o Día Mundial do Turismo. Este ano celébrase baixo o lema “O turismo e o desenvolvemento rural” que quere expresar a capacidade excepcional do turismo para crear oportunidades no ámbito non urbano e coma instrumento eficaz para a preservación do patrimonio cultural e natural.
Resultados proceso selección contratación laboral temporal a tempo parcial dun/unha profesor/a óboe para o Conservatorio/Escola de Música do Concello de Tui. As persoas aspirantes poderán presentar alegacións no prazo de 3 días hábiles seguintes á publicación no taboleiro de anuncios.
Certificado resultados segundo exame proceso de selección técnico xestión interino e formación de listaxe de reserva, declarado deserto. As persoas aspirantes poderán presentar alegacións no prazo de 3 días hábiles desde a súa publicación (remata o venres,25 de setembro de 2020).
O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui, situado en Guillarei, conta cun Punto de Información, Orientación e Prospección dirixido a persoas con discapacidade. Este servizo está recollido no convenio de colaboración asinado esta mañá entre o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente de COGAMI, Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Anxo Queiruga.
No acto, desenvolvido na casa do concello, contou coa presenza da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, o presidente de VONTADE, Miguel Pazo, entre outros.
Hoxe martes, 15 de setembro, ás 11.30 h, no salón de sesións da casa do concello terá lugar a sinatura dun convenio entre o Concello de Tui e COGAMI para a ubicación no Centro Municipal de Formación dun Punto de Información, Orientación e Prospección dirixido a persoas con discapacidade.
A sinatura correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga. Tamén estará presente a concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez.
Resultados primeiro exercicio do proceso selectivo para nomeamento interino de Técnico de Xestión, os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións. (prazo que remata o vindeiro xoves día 17/09/2020) asemade o tribunal convocou aos aspirantes que superaron o primeiro exercicio o segundo exercicio que será o vindeiro luns día 21/09/2020 as 09:30 horas nas dependencias da Casa do Concello, sita e Praza do Concello nº 1 36700 Tui.
Listaxe provisional persoas admitidas e excluidas proceso seleccción formación listaxe reserva persoal arquitecto
Mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 27.08.2020 se nomearon asesores do tribunal do proceso selectivo para nomeamento interino de praza de Técnico, para o asesoramento no manexo da maquina correctora do exame tipo test.
O Concello de Tui vén de recibir a acreditación, por parte da Dirección Xeral de Orientación e Promoción laboral para poder impartir nas súas instalacións, no Centro Municipal de Formación, cinco novos certificados de profesionalidade.
En concreto trátase de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais; Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais; Docencia de formación profesional para o Emprego; Operacións Auxiliares de servizos Administrativos e Xerais e Organización e Xestión de Almacéns.