Tui contará este ano con catro Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra de patinaxe, balonmán, fútbol e piragüismo
O próximo mes de outubro comezarán a súa actividade en Tui as catro escolas deportivas que haberá esta temporada 2017/18 no municipio dentro da iniciativa “DEPOrte Escolas” da Deputación de Pontevedra. Trátase dun programa deportivo totalmente gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia, para fomentar a práctica deportiva. Na pasada temporada 2016/17 estas escolas contaron en Tui con máis de 500 deportistas.





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.