Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

O Concello de Tui recibiu ao campión do Mundo Sub19 de Remo Olímpico Borja Núñez 

Undefined

O remeiro tudense Borja Núñez Martínez, membro do Club Remo do Miño, foi recibido este mediodía na casa do Concello de Tui tras proclamarse na fin de semana campión do Mundo Sub19 de Remo Olímpico en Plovdiv, Bulgaria, na modalidade catro sen temoeiro. Logrou o título mundial xunto aos andaluces Juan Jesús Ortega do Club Náutico de Sevilla, Robert Privistirescu de Club Tiempo Libre El Ejido  e Manuel Cruz do Real Círculo de Labradores.

Recepción do Concello de Tui a Borja Núñez Martínez, Campión do Mundo Sub19 de Remo Olímpico

Undefined

O Concello de Tui realizará mañá mércores 12, ás 13.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, a recepción oficial ao remeiro do Club Remo do Miño, Borja Núñez Martínez, que se proclamou esta pasada fin de semana, Campión do Mundo Sub19 de remo olímpico en Plovdiv (Bulgaria), na modalidade catro sen temoeiro, xunto aos andaluces Juan Jesús Ortega (Club Náutico de Sevilla), Robert Privistirescu (Club Tiempo Libre El Ejido) e Manuel Cruz (Real Círculo de Labradores).

A final do Mundial poderá seguirse dende unha gran pantalla na praza da Inmaculada

Undefined

A praza da Inmaculada volverá ser este domingo unha gran bancada para seguir o partido de España ante Arxentina na final do Mundial 2026. 

Agárdase que centos de persoas volvan vivir a emoción dun encontro tan decisivo, como ten acontecido nas fase anteriores dende os oitavos ante Portugal, os cuartos con Bélxica, as semifinais con Francia e agora a final ante Arxentina. 

Tui continúa a vibrar con España no Mundial

Undefined

Tui continúa a vibrar coa Selección Española no Mundial. De novo mañá martes, 14 de xullo, a praza da Inmaculada converterase nunha gran bancada para seguir o partido de semifinais entre España e Francia a partir das 21 h. Instalarase unha pantalla de grandes dimensións - 3 m alto por 6,5 m ancho - onde seguir toda a emoción do encontro. 

Tui continúa así con La Roja, logo de que centos de persoas asistiran xa aos dous últimos partidos nesta céntrica praza tudense. Mañá volverase vivir con intensidade cada minuto do partido buscando o pase á final do Mundial.

Tui volverá a vivir unha xornada mundialista na rúa

Undefined

Todo preparado en Tui para desfrutar do partido de cuartos de final do Mundial 2026 que hoxe venres ás 21 h disputan España e Bélxica. Un partido que se vivirá na rúa, na praza da Inmaculada de Tui. 

O Concello de Tui coloca unha pantalla xigante, de maiores dimensións que a colocada o pasado luns, nesta céntrica praza para vivir o partido no que España busca clasificarse para as semifinais e manter o seu soño no Mundial de Estados Unidos, México e Canadá. 

A partir das 19 h haberá sesión dj e gastronomía.

Tui vive na rúa o partido de España e Portugal do Mundial 2026

Undefined

Todo preparado en Tui para desfrutar do partido de oitavos de final do Mundial 2026 que hoxe luns ás 21 h disputan España e Portugal. Un derbi ibérico que se vivirá na rúa, na praza da Inmaculada de Tui. 

O Concello de Tui coloca unha pantalla xigante nesta céntrica praza para vivir o partido no que España busca clasificarse para os cuartos de final e avivar o seu soño no Mundial de Estados Unidos, México e Canadá. Para iso deberá superar a resistencia da Portugal que dirixe o español Roberto Martínez. 

Máis de 330 deportistas competirán no XII Encontro Ibérico de Kung Fu Eurocidade

Undefined

O pavillón deportivo municipal Gustavo Rodríguez acollerá este domingo, 28 de xuño, dende ás 10.30 h o XII Encontro Ibérico de Kung Fu Eurocidade. O Club Ximnasia e Auga de Tui organiza esta competición en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Este mediodía presentou este evento deportivo no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.

Presentación do XII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

Undefined

Mañá martes 23 de xuño, ás 12.30 horas, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación oficial do XII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Esta proba deportiva, organizada polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu, terá lugar no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez, este domingo 28 de xuño, a partir das 10.30 horas.

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para o Campamento de Verán 2026 do Concello de Tui

Undefined

Hoxe públicase na Sede Electrónica do Concello de Tui a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para o Campamento de Verán 2026. 

Cada participante deberá solicitar (ata as 14.00 horas do venres 19/06/2026) a carta de pago da cota de inscrición das quendas solicitadas:

Páginas

Suscribirse a RSS - Deportes