A Concentración Cabalar de San Bartolomeu reunirá este domingo a miles de persoas
Este domingo, 24 de agosto, agárdanse a miles de persoas na Concentración Cabalar de San Bartolomeu. A coincidencia en domingo de seguro sumara máis públicos a este evento que cada ano congrega aos afeccionados ao mundo do cabalo, sendo unha das dúas citas anuais que teñen lugar en Tui, xunto á de San Telmo.
Na rúa Loureiro ultímanse os preparativos para acoller este domingo as distintas actividades previstas que comezarán ás 8 h coa chegada dos primeiros participantes na concentración.