Mañá comeza o IV Torneo de Tenis da Eurocidade con 200 inscritos
. Mañá venres, 15 de setembro, ás 17h comeza o IV Torneo de Tenis da Eurocidade que se vai disputar ata o domingo, 1 de outubro, nas pistas de tenis de Areas e nas da piscina municipal de Valença. Está organizado polo Club Tenis Tui coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença.
A presentación deste evento deportivo tivo lugar esta mañá na casa do concello a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, o concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, e o representante do Club Tenis Tui, Luís Saracho.





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.