Preto de 300 deportistas participan este domingo na Regata Internacional do Miño
Esta mañá tivo lugar na sala de concelleiros de Tui a presentación da XIV Regata Internacional Copa presidente da Deputación e 38º Regata Miño Internacional. O evento celebrarase o domingo 14 de xaneiro e sairá dende Currás, Tomiño, para chegar ás instalacións do Club Remo do Miño en Tui.
Na presentación interviron Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui; Andrés Urseira González, concelleiro de Deportes; José Luís Méndez García, presidente do Club Remo do Miño; así como José Prada Álvarez e Manuel Ángel González, vicepresidente e delegado do mesmo.





O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.