Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Tui homenaxeará a preto dun centenar de deportistas na súa Gala do Deporte

Undefined

Logo do parón pola pandemia, Tui volverá a contar coa súa anual Gala do Deporte que permitirá homenaxear e recoñecer o labor de clubs, institucións e deportistas destacados da cidade. O evento, que terá lugar mañá venres ás 20.30h no Teatro Municipal de Tui, será se cabe aínda máis especial xa que esta gala será a décima edición.

Neste caso, farase un recoñecemento aos premiados deste ano 2022 e tamén do 2021 e 2020 co serán preto dun centenar as persoas as galardoadas.

Mañá preséntase o Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala que o martes 6 de decembro se celebrará en Tui

Undefined

Mañá xoves 1, ás 12.00 horas, na casa do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol, en colaboración co Concello de Tui e o club A Quinta de Tui Futsal. Celebrarase durante toda a xornada do martes 6 de decembro, nas instalacións deportivas do Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez, no Pavillón Municipal Vello, e no Pavillón Deportivo do IES San Paio. Participarán máis de 250 xogadores e xogadoras das categorías benxamín, alevín e infantil.

Mañá preséntase a 1ª San Silvestre de Tui que se celebrará o 31 de decembro. Será solidaria coa AACC

Undefined

Mañá mércores, 30 de novembro, ás 11.00 horas, na casa do Concello de Tui, terá lugar a presentación da 1ª San Silvestre de Tui “Correr e Andar” a beneficio da Asociación Española contra o Cancro, organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, en colaboración co Protección Civil de Tui, a Policía Local de Tui, Radio Municipal de Tui e diferentes empresas patrocinadoras. Celebrarase  o sábado 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

Mañá preséntase a VI Urban Trail Night Eurocidade

Undefined

Mañá martes, 22 de novembro, ás 11.00 horas españolas, no Centro Interfederado de Remo e Piragüismo de Tui, terá lugar a presentación da VI Urban Trail Night Eurocidade, carreira nocturna organizada polas empresas Noko360 e Sra. Emilia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. A Urban Trail Night eurocidade celebrarase este sábado, 26 de novembro, a partir das 20.30 horas, con saída dende Valença e chegada ao Paseo da Corredoira de Tui.

Rematadas as obras de mantemento no pavillón deportivo municipal vello

Undefined

A semana pasada remataron os traballos de mantemento do pavillón deportivo municipal vello de Tui nos que o Concello de Tui.  

Con esta actuación a concellería de Deportes do Concello de Tui continúa co obxectivo marcado ao inicio deste mandato de “poñer as instalacións deportivas municipais á altura dos deportistas e clubs deportivos que as utilizan” tal e coma sinalada o concelleiro Rafael Estévez. 

A colocación do rotulado do nome da instalación culminou a semana pasada estes labores, nos que tamén se procedeu ao pintado exterior durante os meses de setembro e outubro.

Presentación do Cross Escolar do Baixo Miño

Undefined

Mañá mércores, 26 de outubro, ás 12.30 horas, na sala de concelleiros da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación do Cross Escolar do Baixo Miño, organizado pola Agrupación Deportiva do Baixo Miño (AGRUDEBAM), en colaboración co servizo de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, co Concello de Tui e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui. Aínda que estaba previsto para esta semana, debido ás previsións de choiva, adíase para o xoves 3 e venres 4 de novembro, en horario lectivo, na ribeira de Caldelas de Tui.

Tui acolle esta semana a preparación da Selección Española de balonmán xuvenil para o Campionato do Mundo 2023

Undefined

A Selección Española de balonmán xuvenil escolleu Tui para continuar a súa preparación de cara ao Campionato do Mundo do próximo ano. O verán de adestramentos, partidos e torneos foi intenso para os rapaces liderados por Javier Fernández que veñen de acadar o Europeo de balonmán en Montenegro.

Tudenses dobremente condecorados polos seus méritos profesionais e deportivos

Undefined

Semana de múltiples condecoracións a tudenses.  Por unha banda catro axentes da policía local de Tui recibiron hoxe a Medalla ao Mérito Policial de Galicia pola súa actuación na explosión de material pirotécnico rexistrada 23 de maio de 2018 no barrio da Torre, en Paramos. 
Nun acto celebrado na sede da Academia Galega de Seguridade na Estrada, a Xunta premiou o labor policial do actual inspector xefe, Manuel Arca, do anterior no cargo, José Ramírez, e tamén dos axentes David González e Avelino Martínez.  

Páginas

Suscribirse a RSS - Deportes