Últimos días para achegarse á mostra “Estampas Anagrámicas” do tudense Rafael García Sánchez.
Últimos días para visitar na Sala Municipal de Exposición a mostra “Estampas anagrámicas” que rematará este sábado, 15 de maio.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Últimos días para visitar na Sala Municipal de Exposición a mostra “Estampas anagrámicas” que rematará este sábado, 15 de maio.
Hoxe mércores presentabase no Arquivo municipal de Valença o MUMI 2021, o encontro profesional das músicas do Minho, que se celebrará do 9 ao 11 de setembro. O facían o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, o presidente da Cámara municipal de Valença, Manuel Rodrigues Lopez, e representando á organización do MUMI, César Cardoso e Manuel Vicente Roxo.
As rúas de Tui xunto a edificios coma os antigos xulgados na Praza da Inmaculada ou o Seminario Menor, están sendo dende onte luns o escenario da gravación da serie “Un Asunto Privado” de Bambú Produccións, dirixida por David Pinillos e María Ripoll e creada por Teresa Fernández-Valdés, Ramón Campos e Gema R. Neira.
O próximo xoves, 13 de maio, chega a Tui o quinto taller do Museo en Camiño, unha iniciativa que se está a desenvolver no marco do programa O Teu Xacobeo da Xunta, e que conta cunha achega de 11.500 euros da administración autonómica.
Esta actividade desenvolverase no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) de 17 a 18:30h e terá como finalidade que nenos e nenas de 6 a 12 anos coñezan os valores da ruta xacobea así como o patrimonio atesourado no Museo Provincial de Pontevedra.
Mañá mércores, 5 de maio, ás 11 hora galega terá lugar no Arquivo Municipal de Valença a presentación do MUMI, Música no Minho, 2021.A feira reunirá do 9 ao 11 de setembro na Eurocidade Tui-Valença a profesionais do sector musical e cultural galego e portugués-
A presentación mañá correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopes, da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a César Cardoso e Manuel Vicente Roxo organizadores do MUMI 2021.
Dende hoxe e até o sábado pode visitarse no anexo da Sala Municipal, na Área Panorámica a mostra “Aquela nena de Sarria”. Esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, presentaron a mostra xunto ao presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.
Precisamente esta exposición é un proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas
Doce paneis recollen os primeiros anos da vida de Xela Arias, a súa vinculación co rural e co noso idioma.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá este luns, 3 de maio, ás 13 horas a presentación da mostra itinerante “Aquela nena de Sarria”. Trátase dun proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas. A mostra conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello de Sarria e a Real Academia Galega.
A tudense Dolores Rodal García vén de doar ao Concello de Tui o lenzo “Vista de Tui” pintado polo artista tudense Ricardo Padín en 1870. O acto formal da entrega tivo lugar o pasado venres, 9 de abril, no salón de plenos da casa do concello.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a membros da corporación, recibiu a doazón deste cadro da man de Dolores Rodal e dos seus familiares.
O Teatro Municipal de Tui, acolleu o luns, 12 de abril, Luns de San Telmo, a Gala de Entrega dos Premios Cidade de Tui. Uns galardóns que teñen coma obxectivo pór en valor o traballo de persoas e colectivo a prol da cidade.
Os galardoados este ano foron
O próximo luns, 12 de abril, festivo local en Tui, vai conmemorar o 350 aniversario da publicación da obra “Entremés famoso sobre a pesca do río Miño”.