Teatro e música amenizan o venres de San Telmo
Tui prepárase para vivir os días grandes das festas de San Telmo. Mañá venres teatro e música centran a programación prevista.
A carpa da Corredoira acollerá dende ás 18 h un novo espectáculo para público familiar da man de Culturactiva que presenta o espectáculo “Saaabor!” protagonizado por Félix Rodríguez e Fran Rei e dirixido por Avelino González. Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.