A música de Golfiños encherá este venres o Teatro Municipal
A música encherá este venres o Teatro Municipal de Tui co concerto “O soño dos golfiños” da man de Golfiños. O grupo está formado por Elena Paz Alonso, voz; Jesús Moares Lameiro, teclado; e Javier Ricardo Álvarez Fernández, guitarra.
Dirixido a público familiar a partir dos 3 anos este espectáculo musical fará unha unha viaxe por un mar de músicas cun repertorio moi variado, cantando novos temas e lembrando as súas cantigas de sempre. No mesmo haberá tempo para cantar, para bailar, para sorrir, e soñar.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.