Xulio M. Sigüenza presenta en Tui a exposición “Sobre la brevedad de la vida”
Este venres, ás 19 h inaugurarase na Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, a mostra “Sobre la brevedad de la vida” de Xulio M. Sigüenza.
Nesta exposición, que se poderá visitar até setembro, o autor reflexiona sobre arte, memoria e existencia, o tempo e a súa expresión. A mostra recolle obras ou instalación realizadas por Xulio M. Sigüenza convidando a ollar os obxectos cunha nova perspectiva.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.