Visita guiada ao mosteiro de Sanfins de Friestas o próximo martes
O próximo martes, 29 de xullo, continúa o ciclo de visitas guiadas organizadas polo Instituto de Estudios Tudenses coa colaboración do Concello de Tui no mes de xullo e agosto, baixo o titulo de “Coñece o noso patrimonio”. Nesta ocasión será unha visita guiada ao mosteiro de Sanfins, en Friestas, en Valença, que comezará ás 20 h ES.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.