Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Ailá, Dúo Abril, Alana, Donicelas, a Banda de Balbina e Kike Varela forman parte do cartel do VI Rocha Folk

Undefined

A parroquia tudense de Caldelas convértese esta fin de semana en punto de encontro para a música folk de Galicia grazas a celebración do VI Rocha Folk. Este evento, organizado pola Asociación Cultural A Insua, forma parte da programación cultural do verán do Concello de Tui.

O Paseo Fluvial acolle este venres o XXXI Festival de Bandas de Música

Undefined

Este venres, 21 de agosto, ás 21 h celébrase o XXXI Festival de Bandas de Música de Tui, un evento xa tradicional no verán tudense que este ano terá lugar no Paseo Fluvial. A Banda de Música de Salcedo, e a Banda de Música Popular de Tui, anfitrioa e organizadora, serán as encargadas do concerto. Previamente as dúas agrupacións farán un pasarrúas por diferentes punto da cidade.

Xornada festiva co río Miño coma protagonista mañá sábado en Tui

Undefined

O río Miño marca a identidade de Tui, a súa paisaxe, e as súas xente e tamén as súas festas. Mañá sábado o Miño é protagonista coa súa festa na que piragüismo, gastronomía e música se suceden ao longo de doce horas en escenarios coma a ribeira de Caldelas, o propio río, a praia de Areeiros, a rúa Olímpicos Tudense, e a rúa Compostela.

O Concello de Tui traslada a súas condolencias polo pasamento de Víctor Coyote

Undefined

O Concello de Tui traslada as súas condolencias á familia, amizades e ao mundo da cultura  polo pasamento do tudense Víctor Aparicio Abundancia, Víctor Coyote.

Artista polifácetico, no mundo da música, no deseño gráfico, no audiovisual,… sempre mantivo a vinculación coa súa cidade natal, amosando sempre a súa disposición a colaborar en calquera proxecto local.

Tui celebra o sábado 15 a Festa do Miño con música e gastronomía

Undefined

Dentro dunha semana, o sábado 15 de agosto, Tui vivirá a Festa do Miño coa gastronomía e a música coma protagonistas. A cita estará na rúa Compostela na que se vai celebrar a festa gastronómica pondo en valor os pratos típicos galegos, tendo cabida tamén outras elaboracións, e onde sempre atopamos novas propostas. Da man de dez asociacións culturais dende ás 20 h poderanse degustar, a prezos que oscilan entre o 1 e os 4 euros, gran variedade de produtos.

As asociacións culturais que desexen participar na Festa do Miño poderán inscribirse hoxe xoves e mañá venres 31 de xullo

Undefined

As asociacións culturais tudenses que desexen participar na XIV Festa Gastronómica o sábado 15 de agosto, na rúa Compostela, poderán presentar a súa solicitude hoxe xoves e mañá venres 31 de xullo a través da sede electrónica do Concello de Tui.

Só participarán ás 11 primeiras asociacións culturais que presenten a solicitude por rexistro de entrada e que estean inscritas no rexistro municipal de asociacións.

As bases desta convocatoria poden consultarse en tui.gal e na sede electrónica.

Música, danza e teatro esta fin de semana dentro da programación cultural do verán

Undefined

A Igrexa de San Domingos será o escenario esta fin de semana de dous espectáculos dentro da programación cultural do verán ao abeiro do ciclo Cultura no Camiño.

Mañá sábado ás 20.30 h actuará o dúo Doa formado por Susana de Lorenzo e Xoán Piñón, que contarán coa colaboración musical de Fran Castro e Carlos Castro.   Esta histórica agrupación galega, creada en 1978, interpretará temas de folk de vangarda que conquistarán ao público. Non faltarán as sorpresa a parte final do concerto.

Pages

Subscribe to RSS - Cultura