A Gramola Gominola trae o seu Rock&Roll ao Teatro Municipal nas festas de San Telmo
Hoxe, ás 18 horas, o Teatro Municipal converterase nunha festa de enerxía e música en galego coa actuación de A Gramola Gominola, unha das bandas máis potentes do panorama musical infantil galego. Enmarcado dentro da programación das festas de San Telmo, este concerto promete facer vibrar ao público máis novo, e tamén aos maiores, ao ritmo do rock&roll en galego.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.