Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Procesos selectivos funcionarios interinos e laboral temporal

E.g., 19/04/2024
E.g., 19/04/2024

Proceso selectivo 14 peóns horticultura Plan + Provincia 2024

5/03/2024

Mediante Resolución da Alcaldía de data 19/03/2024 se aceptou a proposta do tribunal e se require a documentación necesaria para a contratación laboral temporal, a tempo completo 14 peóns de horticultura e xardinería, dentro Plan Máis Provincia para a activación do Emprego da Deputación de Pontevedra 2024 (liña 3)  o prazo para presentar a documentación é de 3 días hábiles prazo que remata o vindeiro venres día 22/03/2024 .

 

 

 

Proceso selectivo operario carpinteiro Plan + Provincia2024

5/03/2024

Proceso selectivo finalizado para a contratación laboral temporal, a tempo completo dun operario carpinteiro, dentro Plan Máis Provincia para a activación do Emprego da Deputación de Pontevedra 2024 (liña 3) . 

Proceso Oficial segunda fontaneiro Plan + Provincia 2024

5/03/2024

 Proceso selectivo rematado para a contratación laboral temporal, a tempo completo dun oficial segunda fontaneiro, dentro Plan Máis Provincia para a activación do Emprego da Deputación de Pontevedra 2024 (liña 3) . 

 

 

 

Proceso seletivo func interino docente modulos transversais curso "Limpeza superficies e edificios"

13/02/2024

Mediante Resolución da Alcaldía de data 06/03/2024 se aceptou a proposta do tribunal e se require a documentación necesaria para o  nomeamento interino do docente  para os modulos transversais do curso de "limpeza de superficies e mobiliario, en edificios e locais" o prazo para presentar a documentación é de 2 días hábiles prazo que remata o vindeiro venres día 08/03/2024 .

 

 

Proceso selectivo func interino docente módulos propios curso "limpeza superficies e edificios"

13/02/2024

Reunido tribunal do proceso de selección  para o nomeamento interino dun docente  para os modulos propios do curso de "limpeza de superficies e mobiliario, en edificios e locais" para a resolución da alegación presentada,  publicase  a resolución da alegación, a puntuación definitiva e a proposición do candidato a nomear coma funcionario interino.

Mediante Resolución da Alcaldía de data 07/03/2024 se aceptou a proposta do tribunal e se require a documentación necesaria para o  nomeamento interino do docente  para os modulos propios do curso de "limpeza de superficies e mobiliario, en edificios e locais" o prazo para presentar a documentación é de 2 días hábiles prazo que remata o vindeiro luns día 11/03/2024 .

 

PROCESO SELECTIVO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO OBRADOIRO "SENDA RÍO MIÑO: AREEIROS-PENEDO"

13/11/2023

Dado que a titora do Obradoiro senda río Miño: Areeiros-Penedo, renunciou a contratación que mantiña con esta administración a vista da lista de reserva segundo as bases, se inicia chamamento os dous aspirantesda lista de reserva, as aspirantes dispoñen de dous días hábiles para presentar a aceptación e en caso de aceptar teñen que presentar a documentación necesaria para a súa contratación. Prazo que remata o mércores día 20/12/2023.

PROCESO SELECCIÓN ALUMNOS TRABALLADORES OBRADOIRO SENDA RÍO MIÑO: AREEIROS-PENEDO

13/11/2023

Mediante Resolución da Alcaldía de data 05/12/2023,  se require a primeira aspirante da lista de reserva que presente a documentación necesaria para contratala, se ben a mesma queda condicionada o informe do  Servizo Galego de Emprego, respecto das condicións para formalizar contrato formativo e do recoñecemento médico, respecto das condicións  físicas.

O prazo para presentar a documentación remata o xoves día 07/12/2023

Proceso selectivo para nomeamento interino de operario de mantemento a tempo completo para as piscinas municipais e formación de lista de reserva

27/06/2023

No día de hoxe leváronse a cabo as probas selectivas do do  proceso de selección para o nomeamento interino dun operario de mantemento a tempo completo para as piscinas municipais e formación de lista de reserva, o tribunal publica as puntuacións provisionais de ditas probas, o aspirante dispón de 1 día hábil para presentar alegacións, transcorrido este prazo as puntuacións consideraránse provisionais (o prazo remata o mércores día 12/07/2023).

 

 

Proceso selectivo nomeamento interino operario servizos diversos e mantemento para as piscinas municipais a tempo parcial e formación lista de reserva

27/06/2023

No día de hoxe leváronse a cabo as probas selectivas do do  proceso de selección para nomeamento interino dun operario de servizos diversos e mantemento a tempo parcial para as piscinas municipais e formación de lista de reserva, o tribunal publica as puntuacións provisionais de ditas probas, os aspirantes dispoñen de 1 día hábil para presentar alegacións, transcorrido este prazo as puntuacións consideraránse provisionais (o prazo remata o mércores día 12/07/2023).

Proceso selectivo contratación peóns horticultura Plan prestación servicios municipais 2023

26/05/2023

Realizadas as probas selectivas para a contratación de 10 persoas coma peóns de horticultura e xardinería para o Plan de prestación de servizos municipais 2023, o pasado martes día 30/05/2023 o tribunal publicou as puntuacións do proceso de selección.

Mediante Resolución da Concellaría de persoal en funcións de data 02/06/2023 se require os aspirantes para que presenten a documentación necesaria para a súa contratación., polo prazo de 2 días hábiles

Proceso selectivo enxeñeiro técnico forestal APROL RURAL 2023

16/05/2023

Realizado o primeiro exame o martes día 23/05/2023 se publican as puntuacións provisionais, os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións, prazo que finaliza o luns día 29/05/2023.

 

Proceso selectivo 14 peóns horticultura Plan Concellos 2023

3/03/2023

Con data 20/03/2023 reuniuse o tribunal de selección para a contratación de 14 peóns de horticultura e xardineria dentro do Plan Concellos 2023, para a resolución de alegacións, puntuacións definitivas e proposición definitiva de candidatos.

Páxinas