Mañá sábado abre ao público a piscina municipal
Mañá sábado, 17 de xuño, abrirá ao público a piscina municipal de Tui. O seu horario será de luns a venres de 13.30 a 20.30 h e os sábados, domingos e festivos de 12.30 a 20.30 h.
O prezo da entrada mantense no mesmo importe que en anos anteriores sendo de 2€ para as persoas adultas, e de 1,5€ para os nenos e nenas de 4 a 14 anos, e para as persoas xubiladas. Establécense amais bonos de 30 baños por importe de 40€ para adultos e de 35€ para público infantil e xubilado.
Piscina Municipal de Tui
Horario: