Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Ultreia

O domingo 26 de marzo volverá unir Tui e Pontevedra a marcha Ultreia. 

As persoas interesadas poden inscribrise  en cronotec.es. 

Haberá catro distancias, a Ultreia que será a distancia completa de 52 kms entre Tui e Pontevedra, longa de 40 kms que irá de Tui a Arcade, a media de 33 kms que será entre Tui e Redondela, e a curta de 19 kms entre Tui e o Porriño.

Lembramos que Ultreia é unha marcha/trail de senderismo popular. Na edición de 2022 contou con 356 participantes. 

A Eurocidade Tui e Valença acollerá quince probas deportivas este ano 2023

Galego

A Eurocidade Tui-Valença presentou este mediodía o seu Calendario Deportivo da Eurocidade 2023 con máis dunha decena de probas deportivas de múltiples disciplinas que se celebrarán ao longo deste ano e grazas a colaboración dos dous municipios transfronteirizos.

A primeira cita deste calendario será esta mesma fin de semana co Trail do Aloia, unha proba clásica que tamén servirá de inicio para a Pontevedra Trail League.

A selección galega absoluta de remo concéntrase en Tui esta fin de semana para preparar o Campionato de España

Galego

Esta fin de semana, a Federación Galega de Remo, en colaboración co Club Remo do Miño, organizará en Tui a concentración da selección galega de remo olímpico na categoría absoluta masculina e feminina. Asistirán un total de 22 remeiros e remeiras, pertencentes a 7 clubs galegos. Esta concentración ten como obxectivo a preparación do Campionato de España de remo olímpico e de autonomías, que se celebrará en Castrelo do Miño, os días 18 e 19 de febreiro.

Tui acolle a primeira concentración da selección galega de remo olímpico do 2023

Galego

Mañá sábado, 28 de xaneiro, a Federación Galega de Remo, en colaboración co Club Remo do Miño, organizará en Tui a primeira concentración da selección galega de remo olímpico neste ano 2023. Na mesma participarán un total de 40 remeiros e remeiras, das categorías cadete e xuvenil, pertencentes a 11 clubs galegos. Esta concentración ten como obxectivo a formación dos equipos que participarán no Campionato de España de autonomías, que se celebrará en Castrelo do Miño, o próximo mes de febreiro.

Tui recoñece o labor de José Luís Méndez dándolle o seu nome ao Centro Municipal de Remo

Undefined

O Centro Municipal de Remo, á beira do río Miño, denomínase dende hoxe José Luís Méndez. Tui recoñece así á histórica figura do principal impulsor do remo na cidade, que tamén foi fundador do Club Remo do Miño no ano 1974.

Na fachada principal do edificio deportivo aparece xa a nova denominación, ao tempo que no interior unha placa, que foi descuberta pola viúva de José Luís Méndez, recolle o acordo plenario da corporación tudense neste senso.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes