Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

O VII Supercross Cidade de Tui reunirá a máis de 70 pilotos

Undefined

O Motoclub Randufe, en colaboración co Concello de Tui, organizará mañá sábado, 30 de setembro, nas instalacións Offroad de Rebordáns, o VII Supercross Cidade de Tui. Participarán máis de 70 pilotos de Galicia e Portugal, nas distintas categorías do evento.

A partir das 11.00 horas e até as 14.00 horas, celebraranse os adestramentos oficiais, e ás 16.00 horas comezará a competición nas distintas categorías, para nenos e nenas, con motos de 50 centímetros cúbicos, 65 cc e 85 cc, e para maiores de 18 anos, as categorías serán amateur, élite e Pro.

Presentación do Concurso Nacional de Saltos que se celebrará en Tui do 22 ao 24 de setembro

Undefined

O próximo luns, 18 de setembro, ás 12.30 h, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Concurso Nacional de Saltos, evento hípico organizado polo Club Hípico Equigalia, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Tui. Esta proba deportiva celebrarase do venres 22 ao domingo 24 de setembro, nas instalacións deportivas de Equigalia.

Este sábado celébrase a Andaina Histórica de Tui

Undefined

Dentro do calendario de Andainas e Caminhadas Saudables da Eurocidade Tui-Valença este sábado celebrarase a Andaina Histórica de Tui. Da man do club AndaTui sairá ás 20.30 h dende a praza da Inmaculada para realizar un percorrido doado de 3 quilómetros, guiado polo historiador Suso Vila, percorrendo as antigas portas de entrada a cidade.  Rematará na Alameda de San Domingos para degustar unha chocolatada con rosca, e o bruxo Gabi realizará unha queimada. 

Música no Claustro, Sons na rúa, Festival de Bandas e Festa do Miño citas en agosto en Tui

Undefined

Música, cinema e gastronomía centran a programación de “Tui, verán na rúa” durante o mes de agosto.

Así a programación de agosto ábrese co festival Música no Claustro, dirixido por Samuel Diz, que se celebra dende mañá martes e até o luns día 7 co lema de “Concéntricas”.

1.200 mozos e mozas de Xetafe preparan en Tui a Xornada Mundial da Xuventude

Undefined

Un total de 1.200 mozos e mozas da diocese de Xetafe están até o próximo luns en Tui preparando a súa participación na Xornada Mundial da Xuventude a próxima semana en Lisboa.  Os dous pavillóns municipais, xunto ao pavillón do CEIP nº2 e do IES San Paio e as instalacións do Colexio Maristas Santa María serven de aloxamento e centros de actividades.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes