Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Este sábado terá lugar en Tui o roteiro “Aloia Máxico, Mítico e Lendario”

Undefined

Esta mañá foi presentado na sala de reunións do Concello de Tui o roteiro “Aloia Máxico, Mítico e Lendario”, que forma parte dos Roteiros Literarios iniciativa do Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra e da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.

Tui conta cunha nova senda sinalizada de dez quilómetros de lonxitude

Undefined

A senda da Pedra Santa, cunha lonxitude de 9.995 metros, súmase á rede de sendeiros cos que conta o concello de Tui debidamente sinalizados e identificados. O Concello de Tui vén de colocar nos últimos días os carteis explicativos do percorrido e de limpar un pequeno tramo do mesmo logo de que o club AndaTui levase a cabo a súa sinalización en branco e verde, por tratarse dunha senda local de menos de 10 quilómetros de acordo as marcas federativas.  

Abertas as inscricións para o IV Torneo de Tenis da Eurocidade ata o 6 de setembro

Undefined

Até o próximo mércores 6 de setembro permanecen abertas as inscricións para o “IV Torneo de Tenis da Eurocidade”, que organiza o Club Tenis Tui, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença. Este evento deportivo disputarase nas pistas de tenis da piscina municipal de Valença e nas pistas de tenis de Areas, dende o 15 de setembro ata o 1 de outubro.

LICITACIÓN EXPLOTACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERíA DO CENTRO INTERFEDERADO DE TUI

ANUNCIO

Aprobado por Resolución da Alcaldía de data 22 de xuño 2017 o expediente de contratación da explotación de cafetería do Centro Interfederado de Tui, por procedemento aberto, cun único criterio de adxudicación e tramitación urxente, exponse ao público e se procede á apertura do prazo de presentación de proposicións.

1.- Entidade Adxudicataria: Concello de Tui.

2.- Obxecto do contrato: 
Explotación Ccafetería do Centro Interfederado de Tui. CPV: 55000000-0

Esta semana iniciáronse as obras para substituír o taboado do pantalán situado na rúa Olímpicos Tudenses

Undefined

O pasado luns, 21 de agosto, comezaron as obras de substitución do taboado de madeira no pantalán situado na rúa Olímpicos Tudense, a carón do Centro Interfederado e dos clubs locais de remo e piragüismo. Este traballos suporán un investimento de 20.611,07€ procedentes de fondos propios do Concello de Tui. 

Presentación da Festa do Miño

Undefined

Mañá xoves, 17 de agosto, ás 10.30h no salón de sesións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación dos actos a celebrar este próximo sábado, 19 de agosto, dentro da Festa do Miño organizados polo Concello de Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, María José González, dun representante de cada asociación que participará na Festa Gastronómica e do concerto musical Mitic, el espectáculo, que actuará no remate da xornada.

VI Torneo Eurocidade de Balonmán

Dentro das actividades deportivas organizadas pola Eurocidade Tui-VAlença este sábado celébrase o VI Torneo Eurocidade de Balonmán no que colaboran o Club Balonmán Tui e a Federación Galega de Balonmán.

A cita será no novo pavillón de deportes de Tui.

Ás 19h xogarán os equipos femininos do Balonmán Porriño e o SAR de Redondela. Mentres ás 20.30h enfrontaranse os equipos masculinos do Condes de Albarei Teucro e o portugués Aguas Santas.

A entrada será de balde.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes