Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

O Vintage Volkswagen Club de Galicia iniciará o Camiño Portugués dende Tui este domingo

Undefined

Este domingo, 29 de outubro, o Paseo da Corredoira de Tui acollerá a unha trintena de vehículos Volkswagen que realizarán o Camiño Portugués a Santiago organizado polo Vintage Volkswagen Club de Galicia.

Os vehículos chegarán ao Paseo da Corredoira ás 10.00 horas, onde estacionarán para realizar unha visita guiada pola Catedral, sendo a partida ás 12.15 horas en dirección a Caldas de Reis, para continuar posteriormente ata Padrón.

Concentración de VW Vintage Aircooled Camiño de Santiago

O Paseo da Corredoira acollerá o domingo, 29 de outubro, de 10 a 12.15h unha concentración de vehículos Volkwagen Aircooled participantes no Camiño Camiño Portugués a Santiago organizado polo Vintage Volkswagen Club de Galicia.

A trintena de vehículos participantes chegarán ao Paseo da Corredoira ás 10.00 horas, onde estacionarán para realizar unha visita guiada pola Catedral, sendo a partida ás 12.15 horas en dirección a Caldas de Reis, para continuar posteriormente ata Padrón.

Copa Galega de Andainas 25 Kms

O domingo 22 de outubro realizarase  en Tui a última das cinco probas de media distancia do Open de Andainas 25 quilómetros, organizado polo Club Xistra de Vigo, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo, o Concello de Tui e a Entidade Menor de Pazos de Reis. O domingo 22 de outubro, dende o pavillón deportivo da Macoca, sairá esta quinta e última proba que resolverá os campións da Copa de Andainas de Regularidade de 25 Kms, tras as realizadas en Guláns, Fene, Cedeira e Taragoña (Barbanza). A recollida das acreditacións empezará ás 08.00 horas, sendo a reunión técnica ás 08.45 hor

A Copa Galega de Andainas 25 Kms rematará en Tui

Undefined

Tui será a última sede dunha das probas do Open de Andainas 25 quilómetros, organizado polo Club Xistra de Vigo, en colaboración coa Federación Galega de Montañismo, o Concello de Tui e a Entidade Menor de Pazos de Reis.

O domingo 22 de outubro, dende o pavillón deportivo da Macoca, sairá esta quinta e última proba que resolverá os campións da Copa de Andainas de Regularidade de 25 Kms, tras as realizadas en Guláns, Fene, Cedeira e Taragoña (Barbanza).

A recollida das acreditacións empezará ás 08.00 horas, sendo a reunión técnica ás 08.45 horas e a saída ás 09.00 horas.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes