Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

IV Torneo Eurocidade de Hoquei

O venres, 22 de setembro, e sábado, 23 de setembro, dentro do calendario de actividades deportivas da Eurocidade, o Valença Hoquei Club organiza en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença o IV Torneo Eurocidade de Hoquei. 

O venres 22 disputaranse as semifinais, ás 21.30 horas españolas o partido entre o Liceo e o AD Valongo, e ás 23.00 horas españolas o partido entre o Sporting CP e o Valença Hoquei Club.

O sábado 23 se disputará o encontro polo terceiro e cuarto posto, ás 17.00 horas españolas, sendo a final ás 18.30 horas.

Este venres e sábado celébrase o IV Torneo Eurocidade de Hoquei

Undefined

Este venres, 22 de setembro, e sábado, 23 de setembro, dentro do calendario de actividades deportivas da Eurocidade, o Valença Hoquei Club, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, organizará o IV Torneo Eurocidade de Hoquei. No mesmo van participar equipos de primeiro nivel, como o Sporting CP, o Club Liceo, o AD Valongo, así como o propio Valença H.C., que esta tempada competirá na primeira división nacional portuguesa.

Impreso inscrición Escolas Deportivas da Deputación 2017/18

Ata o venres, 29 de setembro, está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de piragüismo, patinaxe, balonmán e fútbol que haberá esta temporada en Tui dentro da iniciativa “DEPOrte Escolas” da Deputación de Pontevedra. Trátase dun programa deportivo totalmente gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia, para fomentar a práctica deportiva. Na pasada temporada 2016/17 estas escolas contaron en Tui con máis de 500 deportistas.

Tui contará este ano con catro Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra de patinaxe, balonmán, fútbol e piragüismo

Undefined

O próximo mes de outubro comezarán a súa actividade en Tui as catro escolas deportivas que haberá esta temporada 2017/18 no municipio dentro da iniciativa “DEPOrte Escolas” da Deputación de Pontevedra. Trátase dun programa deportivo totalmente gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia, para fomentar a práctica deportiva. Na pasada temporada 2016/17 estas escolas contaron en Tui con máis de 500 deportistas.

Mañá comeza o IV Torneo de Tenis da Eurocidade con 200 inscritos

Undefined

. Mañá venres, 15 de setembro, ás 17h comeza o IV Torneo de Tenis da Eurocidade que se vai disputar ata o domingo, 1 de outubro,  nas pistas de tenis de Areas e nas da piscina municipal de Valença. Está organizado polo Club Tenis Tui coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença.

A presentación deste evento deportivo tivo lugar esta mañá na casa do concello a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, o concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, e o representante do Club Tenis Tui, Luís Saracho.

Mañá xoves preséntase o Torneo de tenis da Eurocidade

Undefined

Mañá xoves, 14 de setembro, ás 11h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do IV Torneo de Tenis da Eurocidade que se vai celebrar do 15 de setembro ao 1 de outubro.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ao concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, e o vereador de Desporto de Valença, José Monte, serán os responsables da presentación do torneo xunto a Pablo Garcia e Luís Saracho do Club Tenis Tui, organizadores do evento.

Mañá preséntase a I Andaina Camiño Portugués da Costa Caminha-Tui

Undefined

Mañá mércores, 13 de setembro, ás 11h na sala de reunións do Concello de Tui terá lugar a presentación da I Andaina Camiño Portugués da Costa Caminha-Tui que se vai celebrar este sábado, 16 de setembro. Esta actividade está organizada pola Asociación Iacobus Tui, xunto ao Concello de Tui, e o Club Andatui Regodapedra,

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a presidenta da Asociación Iacobus Tui, Victoria Álvarez, e o presidente do Club Andatui Rego da Pedra, José Martínez Tato.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes