Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

A música gran protagonista esta fin de semana na programación de Nadal en Tui

Undefined

A música é a gran protagonista na programación “Tui, o Camiño do Nadal” esta fin de semana. O concerto de Nadal da Eurocidade, as actuacións do alumnado do Conservatorio e da Escola de Música, e do grupo Leira Rock no Mercado de Nadal centran a proposta musical. A todo isto súmase o Mercado Nadal na Corredoira e o Mercadillo Solidario de Libros na Biblioteca.

Hoxe venres volverá actuar na carpa no Paseo da Corredoira o alumnado do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui. Haberá dous concertos ás 17.30 h e ás 19.00 h.

Exposición Construíndo, Soñando

O Anexo da Sala de Exposicións Municipal acolle a mostra "Construíndo, Soñando" que amosa distintas construcións realizadas con pezas de Exin Castillos tanto de deseños animados coma os Pitufos, Asterix ou Shrek, pero tamén castelos ou maquetas coma a da Cruz do Monte Aloia. Todos eles foron realizados polo veciño de Tui e membro da Asociación Exin Castillos-Exin West, Luís Arias. 

Mañá sábado celébrase o concerto de Nadal da Eurocidade “Nadal de Cristal / Natal de Cristal”

Undefined

Mistura Vocal, Kasual Quartet, Vocalis Contrasta e o Coro da Academia de Música da Fortaleza de Valença brindarán este sábado, ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui o espectáculo musical “Nadal de Cristal”. A través da delicadeza do cristal e da música transmitirán sentimentos e enviarán unha mensaxe especial na Eurocidade.  

Estas catro formacións, integradas por máis de 80 persoas, serán as protagonistas do Concerto de Nadal da Eurocidade, un evento que constitúe xa un elemento máis de unión entre Tui e Valença. 

A postal de Nadal de Naiara Pérez Rodríguez do CEIP de Caldelas gañadora do Concurso convocado polo Concello de Tui

Undefined

A postal presentada por Naiara Pérez Rodríguez, alumna de 1º curso de Educación Primaria do CEIP de Caldelas, é a gañadora do concurso de postal de Nadal 2023 convocado polo Concello de Tui para a elección da postal navideña que distribuirá o concello de tudense neste ano.

Este mércores preséntase o libro “Rutas polo pasado xudeu de Galicia” de María Gloria de Antonio

Undefined

Este mércores, 13 de decembro, o Concello de Tui organiza a presentación do libro “Rutas polo pasado xudeu de Galicia” realizado pola investigadora María Gloria de Antonio Rubio.

Este acto terá lugar, ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez González no Edificio “Francisco Sánchez”. No mesmo contarase coa presenza da autora, María Gloria de Antonio,  do representante da editorial Aira, Cesar Lorenzo, e da concellería de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui, Ana Mª Núñez.  

As corais tudenses encherán de música de Nadal o Paseo da Corredoira

Undefined

A música coral será a protagonista esta fin de semana dentro da programación Tui, o Camiño do Nadal que organiza o Concelllo de Tui. Panxoliñas tradicionais e populares soarán nas voces dos e das integrantes das tres corais tudenses tanto mañá sábado coma o domingo no Paseo da Corredoira. 
Así mañá ás 13 h será a quenda da Coral do Centro Social e ás 19 h da Coral San Telmo. Mentres o domingo ás 13 h actuará a Coral Ponte das Febres. 

Concerto Solidario de Nadal do Conservatorio e a Escola de Música

O Conservatorio de Música de Tui e a Escola de Música ofrecerán o seu Concerto Solidario de Nadal o mércores, 20 de decembro, ás 19 h no Teatro Municipal de Tui. 

Neste evento terá lugar tamén a presentación do segundo disco do trompetista Manuel Madardnás "La MMarca Vol II". 

A entrada será un quilo de alimentos non perecedoiros para SOS Tomiño Baixo Miño. 

 

Concerto de Nadal

O Teatro Municipal de Tui acollerá o venres 22 de decembro, ás 20.30 h, o Concerto de Nadal da Banda de Música Popular de Tui e as corais San Telmo, Ponte das Febres e do Centro Social. No repertorio intepretarán composicións típicas destas datas festivas de Nadal. 

As entradas están xa á venda aos prezos son 4€ e 3€. 

 

Entradas

 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura