Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Miles de persoas recibiron aos Reis Magos na Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Miles de persoas recibiron nas rúas de Tui e Valença aos Reis Magos na única Cabalgata Internacional que se celebra entre España e Portugal. Máis de 500 persoas participaron activamente neste evento formando parte da comitiva real de Melchor, Gaspar e Baltasar. Dende a estación do tren de Valença até o Teatro Municipal de Tui os Reis Magos derrocharon maxia, ilusión e 1.500 quilos de caramelos, que fixeron as delicias de todas as persoas que se achegaron a presenciar o seu paso.

A Biblioteca Municipal incrementou en 2023 un 13% os prestamos de libros até os 14.536 exemplares

Undefined

A Biblioteca Pública Municipal de Tui realizou ao longo do pasado ano 2023 un total de 14.536 préstamos de libros que a un total de 1.066 usuarios activos da Biblioteca tudense, dos que 431 eran infantís e 634 maiores de 14 anos de idade.  A media foi de 1.211 préstamos ao mes que supoñen case 50 libros ao día.

Entregados os premios do Concurso da Postal de Nadal do concello de Tui

Undefined

Onte, mércores 3 de xaneiro, o Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui acolleu o acto de entrega dos premios do concurso de debuxo escolar destinado a escoller a Postal de Nadal do Concello de Tui. Trátase da cuarta edición deste certame que contou con postais enviadas por alumnos e alumnas dos seguintes centros escolares tudenses: CEIP’S de Caldelas, Pazos de Reis, Randufe, Guillarei e Rebordáns  así como o Colexio Santa María – Maristas de Tui.

Este venres ás 17 h comezará a Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Melchor, Gaspar e Baltasar volverán a percorrer este venres, 5 de xaneiro, ás rúas da Eurocidade Tui-Valença. As súas Maxestades de Oriente chegarán ás 16 h até a Estación de Valença, onde serán recibidos polas autoridades locais.  Ás 17 h nas súas magníficas carrozas coidadosamente decoradas e iluminadas iniciarán un percorrido de 3,5 quilómetros. Coma veñen facendo dende 2010 os Reis Magos protagonizarán a única cabalgata internacional que se realiza entre España e Portugal.

Cabalgata Internacional de Reis

A Eurocidade Tui-Valença celebrará hoxe venres, 5 de xaneiro, aCabalgata Internacional de Reis. Un ano máis Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán a Eurocidade cargados de ilusión nunha noite máxica.

Un ano máis os Reis Magos chegarán en tren até Valença, para subir logo ás súas carrozas reais coidadosamente decoradas e iluminadas, dende as que saudarán á poboación dunha e doutra beira do Miño. Hai un cambio ao final do percorrido xa que a cabalgata non rematará no Paseo da Corredoira senón na rúa Colón, onde no Teatro Municipal terá lugar a recepción aos nenos e nenas. 

A Biblioteca Municipal agasalla cunha obra de Ánxeles Ferrer aos nenos e nenas que retiren un libro en préstamo este Nadal

Undefined

Nestas datas de Nadal a Biblioteca Municipal de Tui está a agasallar a todos os nenos e nenas de até 9 anos que retiren un libro en préstamo cun exemplar da obra “Tres princesas namoradas” escrita e ilustrada por Ánxeles Ferrer.

Este agasallo é posible grazas á colaboración da autora que ten doado un amplo número de exemplares desta obra á Biblioteca Municipal tudense coa finalidade de contribuír á difusión da lectura entre os seus usuarios máis novos.

Máis de 200 nenos e nenas participan nos Obradoiros de Nadal da Biblioteca

Undefined

Esta mañá comezaron os obradoiros infantís de Nadal que promove a Biblioteca Municipal de Tui e nos que van participar ao longo desta semana e a próxima 210 rapaces e rapazas tudenses. As prazas están xa cubertas para todos os días nesta iniciativa que ofrecen actividades de lecer polas mañás durante as vacacións escolares de Nadal.

Os nenos e nenas do primeiro obradoiro realizado esta mañá co título “Adornando o Nadal” realizaron esta mañá decoración para estas festas.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura