Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Xornada Francisco Sánchez no IV Centenario da súa morte

O Concello de Tui e o Consello da Cultura Galega homenaxean ao tudense Francisco Sánchez con motivo do cuarto centenario do seu pasamento. Será o próximo martes, 14 de novembro, na Sala Félix Rodríguez coa  “Xornada Francisco Sánchez no IV Centenario da súa morte”

A Xornada desenvolverase a partir das 16 h no edificio Francisco Sánchez, comezando con catro relatorios na Sala Félix Rodríguez, e pechándose, ás 20 h, cun concerto no Teatro Municipal. A  entrada é libre até completar o aforo.

Programa

Presentación da Xornada Francisco Sánchez no IV Centenario da súa morte que se celebrará o 14 de novembro

Undefined

Mañá martes, 7 de novembro, ás 11 h na casa do concello terá lugar a presentación da “Xornada Francisco Sánchez no IV Centenario da súa morte” organizada polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Tui. Este evento celebrarase en Tui o martes, 14 de novembro.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, do secretario do Consello da Cultura Galega, Silvestre Gómez Xurxo, e do director do coro Vox Stellae, Luís Martínez.

A traxectoria vital de Francisco Sánchez recollida nunha exposición en Tui

Undefined

Dende hoxe venres, 3 de novembro, a Sala Municipal de Exposición do Concello de Tui acolle unha exposición dedicada á figura do egrexio médico e filósofo tudense Francisco Sánchez, coincidindo co cuarto centenario do seu falecemento, o 16 de novembro de 1623, na cidade francesa de Tolosa.

Exposición Francisco Sánchez

A Sala Municipal de Exposición do Concello de Tui acolle unha exposición dedicada á figura do egrexio médico e filósofo tudense Francisco Sánchez, coincidindo co cuarto centenario do seu falecemento, o 16 de novembro de 1623, na cidade francesa de Tolosa. Esta mostra presenta a traxectoria vital de Francisco Sánchez.

Pode visitarse, até o 30 de novembro, de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h e os sábados de 9 a 13 h.

Exposición Debuxando o Tui Xudeu

Do 3 ao 22 de novembro a Sala Municipal de Exposicións acolle unha escolma dos debuxos realizados, no mes de setembro, no encontro realizado en Tui polos grupos de urban sketchers co lema “Debuxando o Tui xudeu”. Un total de 42 debuxos, realizados por algúns dos participantes neste evento, recollen diversos lugares do conxunto histórico tudense realizado in situ ao longo daquela xornada cunha multiplicidade de técnicas.

Pode visitarse de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h e os sábados de 9 a 13 h.

Aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos para ensinanzas musicais en Tui

Undefined

O Concello de Tui continúa coa súa aposta, iniciada hai xa anos, de apoiar o acceso aos estudos de ensinanzas musicais, nos centros municipais, ao alumnado pertencente a familias cun baixo nivel de ingresos, facilitando así que poidan cursar estes estudos ben no Conservatorio Municipal ou na Escola de Música.

Os requisitos a cumprir son que a unidade familiar non supere 3 veces o IPREM, que o alumno ou alumna estea matriculada no Conservatorio Profesional ou na Escola de Música, e empadroada en Tui.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura