Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Un grupo de axentes turísticos internacionais interesados no Camiño Portugués visitou Tui na fin de semana

Undefined

O pasado sábado o alcalde de Tui, Enrique  Cabaleiro, mantivo un encontro na casa do concello de Tui cun grupo de xornalistas e touroperadores que visitaron a cidade dentro dunha viaxe de familiarización co Camiño Portugués organizado por Fairway, o IV forum do Camiño de Santiago que se desenvolve estes días en Santiago de Compostela. “O principal obxectivo destas actividades é dar visibilidade aos Roteiros Xacobeos e os seus variados recursos turísticos, ademais de promocionar o IV Fórum do Camiño de Santiago”, explican desde a organización.

O equipo de goberno do concello de Tui manterá reunións en todas as parroquias para coñecer as súas necesidades

Undefined

Coñecer as necesidades de cada parroquia directamente dos veciños e veciñas é o obxectivo das reunións que dende o próximo luns vai manter o equipo de goberno de Tui en cada parroquia.  As persoas que acudan a xuntanza poderán formular as súas preguntas e rogos tanto ao alcalde, Enrique Cabaleiro, coma aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.

O Teatro Municipal de Tui acollerá o sábado 4 de decembro un concerto solidario organizado por Protección Civil de Tui a favor de SOS Tomiño Baixo Miño

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acollerá o sábado, 4 de decembro, ás 18 h un concerto solidario a favor de SOS Tomiño - Baixo Miño organizado por Protección Civil de Tui coa colaboración do Concello de Tui. 

Presentación Concerto Solidario a favor de SOS Tomiño – Baixo Miño

Undefined

Mañá venres, 5 de novembro, ás 12h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do Concerto Solidario a favor de SOS Tomiño-Baixo Miño que se vai celebrar no Teatro Municipal de Tui o sábado 4 de decembro organizado por Protección Civil de Tui. 

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, de Juan Manuel González, presidente de Protección Civil de Tui e un representante de SOS Tomiño-Baixo Miño.

A Oficina Municipal de Turismo atendeu case 4.800 visitantes en outubro

Undefined

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu no pasado mes de outubro case catro mil oitocentos visitantes que solicitaron basicamente información para a súa visita á cidade. En concreto foron 4.796 visitantes os que se achegaron ata a Oficina Municipal de Turismo na praza de San Fernando. Deste total 2.643 eran turistas e 2.153 peregrinos e peregrinas.

Das 2.153  que estaban a realizar o Camiño de Santiago 1.465 eran peregrinos e peregrinas internacionais de até 40 nacionalidades distintas, e 688 eran españois procedentes de até 43 provinciais.

Presentación do inicio da xira en Tui de “O Charco de Ulises” do CDG

Undefined

Mañá mércores, 3 de novembro, ás 11h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación de “O Charco de Ulises” do Centro Dramático Galego, CDG, que este venres, 5 de novembro, inicia no Teatro Municipal de Tui a súa xira.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e do director do CDG, Fran Núñez.

Retransimisión entrega premio Escola do Ano ao CRA Mestra Clara Torres

Undefined

O Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres de Tui foi recoñecido co premio "Escola do Ano 2020" por parte da Fundación Princesa de Girona. A entrega do galardón terá lugar o xoves, 28 de outubro de 2021, coa presenza das súas Maxestades os Reis. Visitarán as aulas de Baldráns e Pexegueiro onde coñecerán o traballo desenvolvido por este centro educativo. O acto de entrega do premio desenvolverase ás 13 h no Centro Cultural O Mosteiro de Pexegueiro.

No seguinte enlace pódese seguir a retansmisión deset acto. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía