Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Oficina Municipal de Turismo atendeu case 4.800 visitantes en outubro

4/11/2021

Foron 2.643 turistas e 2.153 peregrinos e peregrinas os que realizaron consultas neste punto de información turística durante o pasado mes

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendeu no pasado mes de outubro case catro mil oitocentos visitantes que solicitaron basicamente información para a súa visita á cidade. En concreto foron 4.796 visitantes os que se achegaron ata a Oficina Municipal de Turismo na praza de San Fernando. Deste total 2.643 eran turistas e 2.153 peregrinos e peregrinas.

Das 2.153  que estaban a realizar o Camiño de Santiago 1.465 eran peregrinos e peregrinas internacionais de até 40 nacionalidades distintas, e 688 eran españois procedentes de até 43 provinciais.

Nos peregrinos e peregrinas procedentes doutros países, o maior número procedía de Portugal con 663 persoas, seguidos de Alemaña con 193 peregrinos (13%), Estados Unidos con 81 (5,5%), Italia con 72 peregrinos, Bélxica con 56, Reino Unido con 54, Brasil con 40, México con 38, Países Baixos con 35 ou República Checa con 28.

En canto aos 688 peregrinos e peregrinas nacionais 127 procedían de Madrid, 90 da provincia de Pontevedra, 43 de Tenerife, 42 de Málaga, 40 de Barcelona, e 26 de Cádiz.

Dos 2.643 turistas 2.392 procedían de España e 251 doutros países. No turismo nacional destacan o 366 procedentes de Madrid, 191 da propia provincia de Pontevedra, 165 de Toledo, 110 de Xaén, 73 de Salamanca, … Nos turistas internacionais rexistráronse 167 consultas de turistas portugueses, seguidos de 24 de Francia ou 8 de Estados Unidos.

Cómpre lembrar que estes datos corresponden aos peregrinos e turistas atendidos na oficina municipal de Turismo e que por tanto son unicamente unha estimación sobre a positiva dinámica que o sector turístico está experimentando nos últimos meses.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinala que a revitalización progresiva do número de visitantes á nosa cidade é un dato de gran relevancia ao testemuñar a revitalización que rexistra este ámbito tan importante para a economía da nosa cidade, como é o turismo, logo dos duros tempos da pandemia. Enrique Cabaleiro sinala que o Concello segue traballando no ámbito das súas competencias para apoiar ao sector e moi especialmente a aqueles afectados polas consecuencias da pandemia a través dos diversos programas de axuda como Reactiva 2.