Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

Este venres preséntase a Festa do Meixón 2024

Undefined

Este venres, 22 de marzo, ás 11.30 h no Paseo Fluvial presentarase a Festa do Meixón que se vai celebrar do 23 de marzo ao 8 de abril dentro da programación das Festas de San Telmo 2024.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Comercio, Ana Núñez, e os representantes dos restaurantes participantes e da adega Sergio Álvarez.

Unha ducia de adegas participarán no III Encontro de Viños da Raia o sábado 30 e o domingo 31

Undefined

A praza da Inmaculada acollerá o sábado 30 e o domingo 31 de marzo o III Encontro de Viños da Raia, que será unha das citas gastronómicas do programa das Festas de San Telmo 2024.

Este mediodía o alcalde, Enrique Cabaleiro e a concelleira de Comercio, Ana Núñez, xunto a Natalia Rodríguez da adega Corisca, Mar Domínguez da adega María Bargiela e Juan Xesteiro da Adega Xesteiro, presentaron esta terceira edición.

Mañá preséntase o III Encontro de Viños da Raia

Undefined

Mañá martes, 19 de marzo, ás 12 h, na casa do concello terá lugar a presentación do III Encontro de Viños da Raia que se vai celebrar o sábado 30 e o domingo 31 de marzo na praza da Inmaculada dentro da programación das Festas de San Telmo.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Comercio, Ana Núñez, da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a unha representación das adegas participantes.  

O Concello de Tui abre unha consulta pública previa a elaboración dunha nova Ordenanza reguladora do Mercado Municipal de Abastos

Undefined

O Concello de Tui vén de abrir unha consulta pública ante a elaboración dunha nova Ordenanza reguladora do Mercado Municipal de Abastos solicitando á poboación en xeral, aos praceiros e praceiras, e ás organizacións máis representativas que puideran estar afectadas polo documento o seu parecer sobre os problemas que se pretenden solucionar con esta iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma, e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.  Durante dez días, contados dende hoxe, as persoas interesadas poderán presentar por rexistro

O Concello de Tui pon en marcha unha enquisa para coñecer os hábitos de compra dixital da cidadanía tudense

Undefined

Comprender os hábitos de compra dixitais das persoas que viven en Tui é o obxectivo dunha nova enquisa que vén de iniciar o Concello de Tui dentro do Programa de reforma e modernización do mercado municipal e a dixitalización do comercio local. Esta actuación está financiada por  fondos europeos Next Generation, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O Concello de Tui lanza unha enquisa para coñecer o grao de dixitalización do comercio local

Undefined

Coñecer o grao de dixitalización do comercio local é o obxectivo da enquisa que pon en marcha o Concello de Tui dirixida ao tecido comercial tudense.  Esta acción forma parte do Plan de Acción para a Dixitalización do Comercio en Tui que esta en marcha financiado por fondos europeos Next Generation ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Este Plan está integrado no proxecto de "Reforma e modernización do mercado municipal e dixitalización e revitalización do comercio local de Tui" que se está a executar.

O Concello de Tui pon en marcha unha nova campaña de apoio ao mercado de comercio local

Undefined

“O teu mercado, a túa xente” e “O teu comercio, a túa xente” son os lemas da nova campaña de dinamización e promoción do mercado de abastos e comercio local posta en marcha polo Concello de Tui coincidindo coa celebración do Entroido e o período de Rebaixas.

O obxectivo é poñer en valor a contribución deste sector ao desenvolvemento da cidade e os valores de apoio á veciñanza e de orgullo polo propio.

Matilde y Rosana (Abalorios MYR), Cucapuntoes e Cucadas gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal de Tui

Undefined

Matilde y Rosana (Abalorios MYR), Cucapuntoes e Cucadas son os tres establecementos gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal organizado polo Concello de Tui en colaboración con ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui. Recibirán 300€, 200€ e 100€ respectivamente. O obxectivo do certame era dinamizar o comercio de proximidade e impulsar a actividade comercial, convidando aos establecemento a preparar os seus escaparates con propostas orixinais e creativas sobre o Nadal e a súa vez animando á veciñanza e visitantes a realizar as súas compras no municipio.

Páginas

Suscribirse a RSS - Comercio