Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

Ordenanza Reguladora do Estacionamento con Horario Limitado (Zona Azul)

O Pleno da Corporación Municipal, con data 29 de novembro de 2007 aprobou inicialmente a “Ordenanza Reguladora do Estacionamento con Horario Limitado (Zona Azul)”, publicada no Boletín Oficial da provincia número 3, de data 4 de xaneiro de 2008, para súa exposición pública, polo prazo de trinta dias. O Terse presentado alegacións o texto, as cales foron resoltas no Pleno de data 27 de marzo de 2008, e de conformidade co disposto no arto 70.2 da lei de Bases de Réxime local, procedese publicación definitiva do texto íntegro no BOP Nº 92  do 14 de maio de 2008 Nº 92.

Páginas

Suscribirse a RSS - Comercio