Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

Festa do Meixón 2023 - Restaurantes Participantes

Do 1 ao 17 de abril celebrarase en Tui a Festa do Meixón. A nova edición deste evento gastronómico volverase a celebrar en distintos restaurantes da cidade: Asador Paulo, El Molino, El Niño Trasto , Emma Tapas&Brunch, La de Manu, O Novo  Cabalo Furado e Parador de Tui. As racións do meixón do Miño terán un prezo de 79 euros, previa reserva.

Esta é a relación dos restaurantes participantes na Festa do Meixón 2023

Undefined

A camelia protagonista da fin de semana en Tui

Undefined

Mañá ás 12.30 h será inaugurada no Claustro da Catedral de Tui a VIII Mostra da Camelia organizada por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de Tui entre outras entidades. O lema deste ano é “A Camelia na Eurocidade”. Acudirán 80 expositores de Galicia, Asturias e Portugal que amosarán unha ampla mostra desta flor e das distintas variedades.

Mercado de Nadal

Coincidindo coas festas de Nadal o Concello de Tui organiza un Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira centrado en produtos de Nadal, agasallos, decoración, e artesanía.

En 2023, tras o éxito de anos anteriores e ao igual que se fixo en 2022, celebrarase durante un mes. Será entre o  entre o venres 1 de decembro de 2023 e o martes 5 de xaneiro de 2024.. 

Os postos distribúense en casetas de madeiras decoradas e iluminadas, no Paseo da Corredoira, que se converten nun magnífico escaparate para o produto artesá galego. 

Undefined

Tui recibiu hoxe á secretaria de estado de Comercio que coñeceu o proxecto que vai transformar o comercio local e o mercado municipal

Undefined

A transformación, modernización e dixitalización do comercio local, tanto do sedentario coma do mercado semanal dos xoves, e a reforma integral da praza de abastos será unha realidade grazas á execución do proxecto que comezará en breve e que deberá estar rematado o 30 de xuño de 2024. Contará cun investimento de 1,6 millóns de euros dos que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo aportará 1,3 millóns de euros.

O luns visita Tui a secretaria de estado de Comercio

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibirá o próximo luns, 30 de xaneiro, ás 12 h na casa do concello á secretaria de Estado de comercio, Xiana Méndez. Manterán unha reunión de traballo, na que participarán tamén membros da corporación, e a secretaria de Estado asinará no libro de honra do Concello. 

A continuación realizarán un paseo polo centro urbano visitando a zona comercial e o mercado municipal.

128 postos solicitaron a súa renovación no Mercado semanal dos Xoves en Tui

Undefined

Un total de 128 vendedores e vendedoras ambulantes solicitaron a renovación da autorización dos seus postos no Mercado semanal dos xoves en Tui. O pasado día 10 de xaneiro rematou o prazo para realizar esta solicitude que arestora está en tramitación. Das 128 solicitudes rexistradas 27 corresponden a postos de alimentación.

Tui acometerá a reforma integral do seu Mercado Municipal cun investimento de 1,6 millóns de euros

Undefined

O Mercado Municipal de Tui, situado na rúa Maristas, será obxecto dunha reforma integral coa finalidade de mellorar tanto as instalacións coma a experiencia de compra no mesmo de cara a lograr o recoñecemento coma Mercado Excelente.

O Concello de Tui elaborou un ambicioso proxecto no que se aposta non só por esta reforma integral da praza de abastos, senón tamén pola dixitalización e revitalización do comercio local  e do mercado semanal dos xoves.

Praceiros e praceiras de Tui participan nun programa de formación e mentorización

Undefined

Os e as praceiras do Mercado Municipal de Tui participaron nas últimas semanas nun programa de formación e mentorización levado a cabo polo Concello de Tui, a través da concellería de Comercio e Mercados. O obxectivo do concello de Tui con esta acción formativa é seguir avanzando pasos no camiño inicio para lograr o recoñecemento da praza tudense coma Mercado Excelente.  Máis aló deste programa tamén se levou a cabo a redacción do proxecto para a reforma integral do edificio.

O chef Miguel Rodríguez participa este sábado nos Obradoiro de Cociña de Nadal no Mercado Municipal

Undefined

Novas propostas para cociñar este Nadal chegarán este sábado ao Mercado Municipal de Tui da man do tudense Miguel Rodríguez, chef do Parador de Baiona e coordinador da cociña no Parador de Tui. Será dentro dos Obradoiros de Cociña de Nadal que organiza a concellería de Comercio.

Nesta ocasión Miguel Rodríguez ensinará, na praza de abastos, coma elaborar unha crema de marisco, ovo poché, empanadilla crocante e biscoito coma aperitivo, e peixe de mercado envolto en algas sobre cogomelos e ovas de peixe voador.

A entrada é de balde, e non é preciso reserva previa.

O Mercado de Nadal inunda coa maxia destas festas o Paseo da Corredoira

Undefined

A maxia do Nadal inundará a partir do luns, 5 de decembro, o Paseo da Corredoira de Tui. Até o 5 de xaneiro este céntrico emprazamento acollerá o Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui. Artesanía, gastronomía, produtos de agasallo, decoración…todos vinculados ao Nadal e elaborados artesanalmente ocuparán as dez casetas de madeira, coidadosamente decoradas e iluminadas, que acollerán a trintena de postos que participarán nesta actividade durante as catro quendas establecidas.

Páginas

Suscribirse a RSS - Comercio