Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

Tui celebra o Día Internacional de Tecer en público con actividades durante o mes de xuño

Undefined

A praza da Inmaculada será o escenario, o sábado 11 de xuño, da celebración do Día Internacional de Tecer en Público. Ao longo de todo o mes haberá distintas actividades organizadas por Cucapuntoes e M y R Abalorios, coa colaboración do Concello de Tui e de TejeTui,  contando coa participación das mercerías locais Elia, Fiadeiras e Ideas.

Obradoiros infantís de cociña, música en directo, tapas e sorteo este sábado na Praza de Abastos de Tui

Undefined

A praza de abastos de Tui celebrará este sábado, 28 de maio, o Día do Mercado sumándose á campaña internacional “Quere o teu mercado”. O obxectivo da mesma é atraer clientela ás prazas de abastos, incentivar o consumo  de produtos frescos, resaltar os valores da compra local e destacar a profesionalidade das praceiras e praceiros.

Así a praza tudense acollerá o sábado obradoiros infantís de cociña, música en directo e degustación de tapas e un sorteo.

O Concello de Tui colabora coa Asociación de Empresarios de Tui ( EMPRETUI) e a Emoción Dos Viños nas xornadas: “Dálle volta ó viño”

Undefined

A Asociación de empresarios de Tui (EMPRETUI) , a asociación A Emoción dos Viños e o Concello de Tui colaboran nunha iniciativa orientada a dinamizar a hostalaría tudense o mesmo tempo que se promociona a cultura do viño e se dan a coñecer distintos viños galegos.

Mañá preséntase a XXIV Feira de Artesanía e da XXIII Feira do Libro Galego

Undefined

Maña martes, 10 de maio, ás 11.30 h, na sala de concelleiros da casa do concello de tui terá lugar a presentación da  XXIV Feira de Artesanía, que se vai celebrar do sábado 14 ao martes 17 de maio, e da XXIII Feira do Libro Galego que desenvolverá o martes 17 de maio coincidindo co Día das Letras Galegas.

Aberto o prazo de solicitude de participación na XXIV Feira de Artesanía que se vai celebrar do 14 ao 17 de maio

Undefined

Hoxe vén de abrir o prazo para solicitar a participación na XXIV Feira de Artesanía que se vai celebrar do sábado 14 ao martes 17 de maio, na rúa Ordóñez, e nas prazas do Concello e San Fernando.

A Feira está organizada polo Concello de Tui, contado coa colaboración coa Asociación Galega de Artesáns. Tras o parón motivado pola pandemia, retómase esta tradicional cita coa artesanía, coa que se busca impulsar a promoción comercial do sector artesán galego e apoiar a divulgación da artesanía.

Os viños da raia conquistaron a tudenses e visitantes na fin de semana

Undefined

Balanzo positivo do I Encontro de Viños da Raia celebrado esta pasada fin de semana na praza da Inmaculada en Tui dentro da programación das Festas de San Telmo.

Centos de persoas achegáronse tanto o sábado coma o domingo a este evento que buscaba pór en valor os viños locais dunha e doutra beira da raia elaborados por pequenos produtores , con edicións limitadas, de xeito artesanal e con moito mimo, buscando a esencia da terra.   Grazas a este evento dez pequenos produtores puideron achegar e dar a coñecer os seus viños brancos, tintos e espumosos ao público.

Páginas

Suscribirse a RSS - Comercio