Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

Investimento de 2 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia nas obras de rehabilitación da praza de Abastos e do Cárcere Vello

Undefined

Tui contará cun investimento de preto de 2 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia NextGenerationEU que posibilitarán a rehabilitación da Praza de Abastos e do Cárcere Vello. Ambas obras están nestes momentos en licitación e prevese que poidan comezan a executarse antes de que remate o ano.

O Concello de Tui fai un chamamento á responsabilidade de empresas e veciñanza para manter Tui limpo

Undefined

O Concello de Tui considera que a actual temporada turística está sendo exitosa para a hostalería tudense. O gran número de visitantes que recibe a cidade fai que moitos negocios multipliquen por tres ou por catro a súa actividade nestes meses de verán. Este feito incide positivamente na economía global do concello.

O Concello de Tui investirá case 1 millón de euros na humanización do entorno do Mercado Municipal

Undefined

O Concello de Tui vai investir case un millóns de euros na humanización do entorno do Mercado Municipal.  Para esta obra o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, ven de conceder de 724.535,03 € dos 905.668,79€ a que ascende o proxecto a executar. O Concello de Tui asumirá o 20% restante do orzamento.

Tui celebra esta fin de semana a XXV Feira de Artesanía

Undefined

A rúa Ordóñez e a praza de San Fernando albergarán esta fin de semana a Feira de Artesanía de Tui que acada a súa vixésimo quinta edición. Nestes dous espazos do conxunto histórico situaranse os postos de artesanía e de gastronomía que abrirán tanto o sábado coma o domingo de 12 a 21 h.  Contará con actuacións musicais e este ano dende o Concello de Tui realízase unha forte aposta polas obradoiros artesáns para o público en xeral que terán lugar nas dúas xornadas. 

Aprazada para o 13 e 14 de maio a XXV Feira de Artesanía

Undefined

Ante a previsión de choiva o Concello de Tui vén de aprazar para o sábado 13 e domingo 14 deste mes de maio a celebración da XXV Feira de Artesanía, prevista inicialmente para esta fin de semana.  Este evento celebrarase na rúa Ordóñez e na praza de San Fernando. Reunirá a persoas artesás de toda Galicia, e produtores de alimentación km 0 e ecolóxicos. Tamén haberá obradoiros, exposicións, actuación, de grupos folclóricos,…

Aberto o prazo de inscrición para a XXV Feira de Artesanía de Tui

Undefined

O sábado 6 e o domingo 7 de maio celebrarase a XXV Feira de Artesanía de Tui organizada polo Concello de Tui cos obxectivos de promocionar e difundir a actividade artesá e apoiar a comercialización do produto artesán. O Concello de Tui vén de abrir o prazo de solicitude dun dos corenta postos que se instalarán na rúa Ordóñez e na praza de San Fernando. As persoas interesadas deben cubrir o formulario dispoñible en tui.gal e enviar entre 4 e 6 fotografías dos seus produtos ao correo comercio@tui.gal até ás 14 h do martes 25 de abril.

Éxito rotundo do II Encontro de Viños da Raia

Undefined

Éxito do II Encontro de Viños da Raia realizado esta pasada fin de semana na Praza da Inmaculada coa participación de dez adegas. As cifras falan por si mesmas: mil copas vendidas e máis de 500 botellas degustadas nas casetas das adegas Corisca; de Tui; Do Vimbio, de Tomiño; Edmun do Val, de Valença; Sergio Álvarez, do Rosal; Lagar Pedregales, de Tomiño; Adega do Ricón, de Arbo; Pateira, do Rosal; Márcio Lopes, de Melgaço, María Bargiela, de Salvaterra de Miño e Jorge Marcote Viticultor do Rosal.

As Festas de San Telmo escaparate da riqueza cultural, patrimonial, deportivo a gastronómica da cidade

Undefined

Tradición, música, espectáculos familiares, gastronomía, deporte… forman parte da programación das Festas de San Telmo 2023 que se van celebrar do sábado 8 ao luns 17 de abril en Tui. O Paseo da Corredoira, onde se instalará unha carpa para as festas, a praza da Inmaculada, o Teatro Municipal, a rúa Compostela, e o Espazo Feiral, serán os principais escenarios das actividades previstas.

Mañá preséntanse as Festas de San Telmo 2023

Undefined

Mañá venres, 31 de marzo, ás 11 h no salón de plenos da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da programación das Festa de San Telmo 2023 que se van celebrar na cidade do 8 ao 17 de abril.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, das concelleiras de Cultura, Sonsoles Vicente, de Comercio e Mercado, Ana Núñez, e do concelleiro de Deportes, Rafael Estévez.

Páginas

Suscribirse a RSS - Comercio