A Eurocidade investirá case 700 mil para seguir avanzando na cooperación transfronteiriza
Contar con personalidade xurídica propia é unha das aspiracións da Eurocidade Tui-Valença que agarda materializar dentro do proxecto UNICIDADE 2030. O obxectivo é crear unha AECT que permita seguir avanzando na cooperación que dende hai unha década formalizaron a través da Eurocidade e figura na Axenda Estratéxica Conxunta.








