Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

Acto de presentación pública da Estratexia e Plan de acción 2030 da Eurocidade Tui-Valença

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acollerá  este mércores, 21 de setembro, ás 12.30 h, a presentación pública da Estratexia e Plan de Acción 2030 da Eurocidade Tui-Valença, coincidindo co Día da Cooperación Europea. O evento estará presidido polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira, asistindo diversos axentes públicos, privados e do terceiro sector que durante os últimos meses participaron na elaboración da Estratexia. Durante o acto, o equipo consultor encargado da elaboración da Estratexia debullará os resultados obtidos. 

Vinte bandas de Galicia e Portugal presentarán os seus traballos no MUMI 2022

Undefined

Vinte directos doutras tantas bandas e artistas están programados no encontro profesional de músicas MUMI 2022, que se celebrará do 29 de setembro ao 1 de outubro en Tui e Valença. Dez nomes de Galicia e outros dez de Portugal amosarán ao público, profesional e tamén xeral, a diversidade de propostas musicais que conviven na escena actual.

O luns preséntase o programa do MUMI, III Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal

Undefined

O próximo luns, 19 de setembro, ás 11:30 horas, presentarase a programación oficial do MUMI 2022 - III  Encontro Profesional de Música de Galicia e Portugal. O acto terá lugar na Pousada de San Teotonio na Fortaleza Municipal de Valença, e contará coa participación de:

A Eurocidade Tui-Valença convértese na capital europea da mobilidade autónoma coa presentación do proxecto 5G-MOBIX

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença converteuse hoxe na capital europea da mobilidade conectada coa presentación do proxecto 5G-Mobix. Así o destacou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quen sinalou o idóneo deste territorio para acoller esta presentación tendo en conta que é o lugar de maior tránsito transfronteirizo da península, e que une dous polos de gran actividade coma é a franxa atlántica de Galicia e o norte de Portugal. 

Unha decena de espectáculos de artes de rúa porán o broche final do FIAR na Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Teatro, música e marinetas de gran tamaño conquistaron xa hoxe as rúas e prazas da Eurocidade Tui-Valença na segunda edición do Festival Internacional de Artes de Rúa, FIAR. O festival, con entrada gratuíta, presenta novos espectáculo mañá sábado e o domingo. 

Seis espectáculos de artes de rúa abren a primeira xornada do FIAR na Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Todo preparado na Eurocidade Tui-Valença a celebración da segunda edición do Festival Internacional de Artes de Rúa, FIAR. Dende mañá venres e até o domingo o público poderá gozar de espectáculos de danza, música, clown, malabares, da man de artistas  galego, portugueses, italianos e franceses.

A eurocidade Tui-Valença convértese na capital das artes de rúa co FIAR

Undefined

24 funcións,  17 espectáculos e 5 localizacións conforman a segunda edición de FIAR, o Festival Internacional de Artes de Rúa que terá lugar o venres 22, sábado 23 e domingo 24 na Eurocidade Tui-Valença financiado con fondos europeos do Interreg España – Portugal a través do proxecto Unicidade.

A presentación do festival tivo lugar esta mañá na antiga alfándega de Valença por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, e do presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira.

Presentación do Festival Internacional de Artes de Rúa, FIAR

Undefined

Mañá venres, 15 de xullo, ás 11 h na antiga alfándega de Valença terá lugar a presentación do Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença, FIAR que se vai celebrar do venres 22 ao domingo 24 deste mes de xullo.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, e do presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira.

Tui acolle este verán catro festivais, concertos e cinema

Undefined

Dende este venres, 8 de xullo, e até o luns 29 de agosto, vaise celebrar en Tui a programación cultural do verán cunha ampla oferta na que terán lugar catro festivais - II Festival da Cultural Tradicional e Folk, FIAR, Música no Claustro e IKFEM- , concertos de Xoel López, a Banda de Gaitas de Paramos, Raquel Areal, Sara Areal e Karla Martínez, cinema ao aire libre e a Festa do Miño.

Máis de 300 deportistas participan este domingo no VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

Undefined

O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá este domingo,  26 de xuño, dende ás 10.30 h o VIII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Esta proba deportiva está organizada polo Club Di Som Tui en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Esta competición reunirá a máis de 300 participantes de España e Portugal.

Páginas

Suscribirse a RSS - Eurocidade