Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

A Eurocidade Tui-Valença recibe máis de medio millón de euros de fondos europeos para actividades culturais e deportivas

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença recibirá máis de medio millón de euros de fondos europeos para continuar a desenvolver un programa conxunto de actividades culturais e deportivas. O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença veñen de recibir a confirmación da concesión de 521.517,71€ para o proxecto Unicidade 2030 a través do Programa de Cooperación Interreg VI-A España Portugal (POCTEP) 2021-2027.

A Urban Trail Night Eurocidade reunirá a máis de 700 atletas este sábado nunha proba única entre dous países

Undefined

Todo preparado na Eurocidade Tui-Valença para recibir este sábado ás máis de 700 persoas que van participar nunha proba única que sorprende cada ano como é a Urban Trail Night Eurocidade que celebrará a súa novena edición. 

Este mediodía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Óscar Silva, o xefe territorial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides, e os organizadores, Serafín Martínez e Justi Peixoto, deron a coñecer todos os detalles deste evento deportivo.

Mañá preséntase a IX Urban Trail Night Eurocidade

Undefined

Maña mércores 26, ás 12.00 horas, no Espazo Sociocultura da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da IX Urban Trail Night Eurocidade, proba deportiva incluída dentro do Calendario Deportivo da Eurocidade 2025. Está organizada polas empresas NOKO 360 e Sra Emilia, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença. A IX Urban Trail Night Eurocidade celebrarase este sábado 29, con saída ás 19.30 horas españolas, dende Valença e chegada ao Paseo da Corredoira de Tui.

A Eurocidade Tui – Valença acollerá o IV Encontro Ibérico AUDI 2025

Undefined

 A Eurocidade Tui-Valença acollerá o sábado 2 de agosto o IV Encontro Ibérico Audi organizado por PRC Vigo Audisport - Club Audi Galicia. Nesta cuarta edición, que se prevé reúna máis dun centenar de persoas, os organizadores  apostaron por Tui e por Valença, salientando o atractivo turístico das dúas cidades e a súa situación estratéxica.

Comezan as andainas da Eurocidade Tui-Valença cun percorrido entre viñas e vales

Undefined

A Eurocidade Valença-Tui comeza o seu programa de andainas saudables de 2025 cun percorrido entre viñas e vales

A primeira cita deste ciclo será o próximo domingo, 11 de maio, co Trilho Entre Viñas e Vales.  Sairá ás 10 h ES da igrexa de Ganfei en Valença para realizar un percorrido de 7 quilómetros.

Este ciclo de andainas, que forma parte do calendario deportivo da Eurocidade, consolídase como unha proposta transfronteiriza que combina actividade física, posta en valor do patrimonio natural e histórico tanto de Tui coma de Valença.

A Eurocidade recibe as persoas participantes na peregrinación polo Camiño Portugués da Costa dende Caminha

Undefined

As persoas que están a realizar o Camiño Portugués dende Caminha a Santiago organizado pola Eurocidade Tui-Valença completaron hoxe a segunda etapa deste percorrido pola vía xacobea. 

Tras realizar onte os 19 quilómetros da etapa correspondente a Caminha – Vila Nova de Cerveira, esta mañá iniciaron o Camiño neste último municipio para achegarse ata Valença e  Tui. A primeira hora desta tarde foron recibidos na praza de San Fernando polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Turismo, Ana Núñez, e o vareador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa.. 

A Eurocidade Tui-Valença acollerá a 20ª edición da iniciativa “As prazas de Europa”

Undefined

A Eurocidade Tui- Valença acollerá o próximo martes 8 de abril a 20ª edición da iniciativa “As prazas de Europa”, impulsada pola Comisión Europea, en colaboración co Concello de Tui, a Cámara de Valença e Galicia Suroeste.  Esta actividade terá lugar no Paseo da Corredoira en horario de 18 a 20 h, ou en caso de choiva no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela.

A Eurocidade Tui-Valença promociónase na BTL de Lisboa

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença promociónase  até este domingo na BTL, Bolsa de Turismo de Lisboa, cita destacada no eido turístico en Portugal. Até a capital lusa desprazáronse a concelleira de Turismo de Tui, Ana Núñez, e a vicepresidenta da Cámara de Valença, Ana Paula Xabier,  así coma persoas técnicas en Turismo dos dous municipios.

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a cargo de catro formacións das dúas beiras do Miño este sábado, ás 21 h, no Teatro Municipal de Tui.

Hoxe, 10 de febreiro, cúmprense 13 anos da sinatura do protocolo entre ambas cidades co que se materializou a creación da Eurocidade plasmando a nivel institucional as relacións que dende hai séculos manteñen as poboacións tudense e valenciana.

A Comisión organizadora do VIII Centenario da Consagración da Catedral amosa o seu apoio á solicitude de declaración de AEIP

Undefined

A Comisión Organizadora do VIII centenario da consagración da Catedral de Tui reuniuse esta mañá na casa do concello de Tui para seguir avanzando no programa conmemorativo deste destacado aniversario.

Páginas

Suscribirse a RSS - Eurocidade