Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

A Comisión organizadora do VIII Centenario da Consagración da Catedral amosa o seu apoio á solicitude de declaración de AEIP

Undefined

A Comisión Organizadora do VIII centenario da consagración da Catedral de Tui reuniuse esta mañá na casa do concello de Tui para seguir avanzando no programa conmemorativo deste destacado aniversario.

A Eurocidade Tui-Valença presenta un calendario deportivo único en Europa

Undefined

Trece eventos deportivos conforman o Calendario Deportivo da Eurocidade Tui-Valença para este ano 2025. Un programa único na Europa Occidental, coma explicaba esta mañá na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e que reforza as relacións entre as poboacións tudense e valenciana coma sinalou o presidente da Cámara de Valença, Jose Carpinteira. 

Mañá mércores preséntase o Calendario Deportivo da Eurocidade

Undefined

Mañá mércores 5 de febreiro, ás 11.00 horas españolas, no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación do Calendario Deportivo da Eurocidade 2025, que contará con 13 eventos deportivos, organizados por diferentes asociacións deportivas de Tui e Valença, así como por empresas especializadas.

O Teatro Nacional São João de Porto pecha na Eurocidade Tui-Valença a xira de "Fado Alexandrino"

Undefined

Unha gran montaxe teatral é a que chega esta semana á Eurocidade Tui-Valença da man do Teatro Nacional São João con “Fado Alexandrino”. A cita será este venres, 31 de febreiro, ás 20 h no Teatro Municipal de Tui. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 12 € e 9 €.

Tras a representación a semana pasada en Luxemburgo a compañía pecha en Tui a xira deste espectáculo que ten percorrido numerosos escenarios con esta  adaptación teatral da considerada como a gran novela sobre a Revolución dos Cravos, do escritor portugués António Lobo Antunes. 

A Eurocidade Tui-Valença acolle a representación de “Fado Alexandrino” do Teatro Nacional São João

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença acolle o próximo 31 de xaneiro a representación de “Fado Alexandrino” da man do Teatro Nacional Nacional São João do Porto. Trátase dunha gran montaxe escénica coa que a compañía se suma aos actos conmemorativos do 50 aniversario da Revolución dos Cravos.  Este espectáculo chega á Eurocidade Tui-Valença dentro da Temporada Cruzada da Programación Cultural Portugal-España: 50 anos de democracia, e conta coa colaboración do Centro Dramático Galego e do Instituto Camões.

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario solidario

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis seu calendario solidario que ten por lema “A Eurocidade Tui-Valença non se sente, vívese!”.  As páxinas deste almanaque de 2025 están ilustradas con fotografías de Tui e de Valença que recollen elementos patrimoniais ou paisaxes da Eurocidade. 

Así a Cruz do Monte Aloia, que neste 2025 cumpre 125 anos, abre a páxina do mes de xaneiro. En febreiro é a imaxe de San Teotonio en Ganfei a que ilustra esta páxina coincidindo coa festividade, o 18 de febreiro, do que foi o primeiro santo portugués. 

A Eurocidade Tui-Valença suspende a Cabalgata Internacional debido a adversa predición do tempo

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença vén de suspender a súa Cabalgata Internacional de Reis, ante as adversas predicións do tempo para esta fin de semana.  Garantir a seguridade tanto do público coma das persoas participantes na comitiva motivou esta decisión xa que gran parte do percorrido, de 3,5 quilómetros entre as dúas cidades, transcorre por zonas moi abertas, e a previsión indica a posibilidade de refachos fortes que poderían acadar os 80 kms/h. 

A Eurocidade Tui-Valença vivirá unha tarde máxica coa Cabalgata Internacional de Reis

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença prepárase para vivir unha tarde máxica de Reis coa tradicional Cabalgata Internacional, que terá lugar o próximo domingo, 5 de xaneiro. As súas Maxestades, Melchor, Gaspar e Baltasar, teñen previsto chegar ás 16:30 h á estación de tren de Valença. Dende alí, iniciarán un percorrido de 3,5 quilómetros acompañados por unha ampla comitiva de máis de 200 persoas ata o Paseo da Corredoira en Tui.

O espectáculo musical “Estrela” encherá de maxia o Nadal de Eurocidade

Undefined

O espectáculo musical “Estrela” encherá de maxia o Nadal da Eurocidade Tui-Valença o próximo sábado, 21 de decembro, ás 21.30 h ES no Teatro Municipal de Tui.

A Cámara de Valença e o Concello de Tui, que conforman a Eurocidade, reforzan un Nadal máis a unión entre ambos municipios a través da música.

Páginas

Suscribirse a RSS - Eurocidade