Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Tui súmase á celebración do Día da Cultura Sefardí cunha visita guiada

Undefined

O próximo martes, 31 de marzo, o Concello de Tui súmase á celebración do Día da Cultura Sefardí, proposto pola Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad  tras o acordo adoptado na Asemblea Xeral celebrada en xuño na localidade galega de Ribadavia.

Así o próximo martes, 31 de marzo, ás 19 h terá lugar unha visita guiada polo legado da cultura xudía na cidade ao longo do tempo. O punto de partida será a Oficina Municipal de Turismo no Paseo da Corredoira. Non é preciso inscrición previa. 

Tui consolida a súa aposta polas pequenas producións vitivinícolas

Undefined

O Concello de Tui consolida a súa aposta polas producións vitivinícolas de pequenos produtores, caracterizadas polo coidado da terra, e por produtos diferenciados, de calidade e únicos, representativos deste territorio situado nas dúas beiras do Miño. Será no V Encontro de Viños da Raia, que se vai celebrar na primeira fin de semana das festas patronais de San Telmo, o sábado 4 e o domingo 5 de abril. Este evento converterase nun magnífico escaparate para estes viños e espumosos.

Mañá mércores preséntase o V Encontro de Viños da Raia

Undefined

Mañá mércores, 25 de marzo, ás 13 h, na praza da Inmaculada terá lugar a presentación do V Encontro de Viños da Raia que se vai celebrar dentro da programación das festas de San Telmo o sábado 4 e o domingo 5 de abril.

Participarán na presentación o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Turismo, Ana Núñez, e os produtores e produtoras que cos seus viños e espumosos acudirán a este evento.

A Catedral de Tui contará cunha iluminación moderna, eficiente e plenamente respectuosa co patrimonio

Undefined

Coincidindo co 800 aniversario da súa consagración a Catedral de Tui verá mellorada a súa imaxe nocturna grazas á renovación da súa iluminación artística que pasará a ser máis eficiente. A obra comezará esta mesma semana logo de ser adxudicada por Galicia Suroeste. Suporá un investimento de 176 mil euros que serán financiados nun 80% con fondos do PSTD “A Despensa de Galicia” e nun 20% polo Concello de Tui.

Reunión informativa en Areas sobre a Senda do Miño

Undefined

O Concello de Tui avanza na recuperación e posta en valor das marxes do río Miño, continuando a liña de traballo iniciada nos últimos anos. Co obxectivo de completar a senda peonil na ribeira do Miño en todo o termo municipal afronta agora o proxecto do tramo entre a vella Ponte Internacional e Areas até o límite co termo municipal de Tomiño.

Mañá inaugúrase en Madrid a exposición “Os sambenitos da catedral de Tui: historia, memoria e infamia”

Undefined

Mañá xoves, 22 de xaneiro, ás 12.00 h no Centro Sefarad-Israel en Madrid será inaugurada a  mostra “Os sambenitos da catedral de Tui: historia, memoria e infamia” por parte do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, e o director Xeral do Centro Sefarad-Isarel, José Thomas Lozano.

Tui pon en valor  a súa Catedral en FITUR

Undefined

O Concello de Tui presentou hoxe en FITUR, en Madrid, “Tui, Catedral de Historias” coa que promociona o 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui. Un acontecemento ao que Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, se referiu coma “de especial relevancia histórica, patrimonial e simbólica, pero tamén unha gran oportunidade dende o punto de vista turístico e económico”.

Páginas

Suscribirse a RSS - Turismo