Tui rexistra a mellor cifra turística en marzo dos seis últimos anos
Tui rexistrou no pasado mes de marzo as mellores cifras turísticas dos últimos seis anos, segundo os datos da Oficina Municipal de Turismo. Con 1.372 visitantes atendidos, a cidade confirma a súa tendencia á alza no sector turístico, reforzando o seu atractivo como destino cultural e patrimonial de referencia no sur de Galicia.




