Visita teatralizada ao patrimonio xudeu de Tui este domingo
Esta fin de semana continúan as actividades do “Setembro xudeu en Tui” con dúas novas ofertas que promoven o legado patrimonial e cultural que as comunidades xudías e criptoxudías teñen deixado na nosa cidade.
Por unha banda, este domingo 15 de setembro, ás 11.30 h, na Oficina Municipal de Turismo comezará unha nova visita temática, neste caso dinamizada con varias teatralizacións ao longo do seu percorrido, que realizará un achegamento ao legado xudeu en Tui dun xeito novidoso e dinámico.