Primeira conferencia do Foro do Camiño Portugués - en directo
Hoxe martes, 20 de abril, ás 19 h terá lugar a primeira das conferencias do Foro do Camiño Portugués posto en marcha polo Concello de Tui. Correrá a cargo de Juan Manuel López-Chaves Meléndez, presidente de honra da Asociación Amigos de los Pazos de Vigo e impulsor do Camiño Portugués.
Será ás 19 h na Aula Cemit, no edificio Francisco Sánchez – antiga Área Panorámica - co aforo xa completo, e será retransmitida en directo no enlace que figura a continuación.




