Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Chévere abre o ciclo teatral no Teatro Municipal de Tui con N.E.V.E.R.M.O.R.E.

Undefined

Chévere abre, este venres, a programación teatral para os meses de febreiro e marzo no Teatro Municipal de Tui, nunha proposta coproducida polo Centro Dramático Nacional.

N.E.V.E.R.M.O.R.E. é o título desta obra de teatro, que abre a caixa negra do Prestige e rescata a maior traxedia medioambiental de Galicia, o berro dun pobo ante a catástrofe e tece lazos coa pandemia actual.

Co desastre do Prestige como tema central do espectáculo, esta obra de Xron acode á memoria colectiva para recordar esta historia.

Seis espectáculos conforman a programación do Teatro Municipal para os meses de febreiro e marzo

Undefined

Seis propostas conforman a programación que nos meses de febreiro e marzo se van celebrar no Teatro Municipal de Tui.

Haberá tres obras de teatro, dúas para público adulto e unha para público infantil, celebrarase o 11º aniversario da Eurocidade Tui-Valença cun concerto, a maxia chegará con perspectiva de igualdade e proxectarase o filme ‘Canta 2’.

Últimos días para visitar a exposición “O Camiño Portugués, lembranzas de mar e pedra”

Undefined

Últimos días para visitar a exposición “O Camiño Portugués, lembranzas de mar e pedra”  na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui. A mostra que foi inaugurada a comezos do pasado mes de decembro, remata a súa estadía na nosa cidade este sábado 28 de xaneiro.

A través de 71 instantáneas tomadas nos séculos XIX, XX e XXI, a mostra presenta as realidades, paisaxes e patrimonio da ruta xacobea que une as cidades do Porto e Santiago de Compostela e que ten en Tui a súa porta histórica de entrada en Galicia.

O anexo da Sala Municipal de Exposicións acolle as obras da sétima edición de ‘Pinta Tui’

Undefined

O anexo da Sala Municipal de Exposicións do Edificio Francisco Sánchez acolle ata o 12 de febreiro a exposición das obras gañadoras e participantes na sétima edición do certame de pintura rápida ‘Pinta Tui’.

O concurso celebrouse o pasado mes de novembro, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui (ACITUI), coa colaboración do Concello e outras entidades da cidade. Nesta edición participaron 45 persoas de toda a provincia de Pontevedra, recollendo nas súas obras espazos e lugares de Tui con diversas técnicas e estilos.

A Biblioteca tudense prestou case 12.800 libros a 1000 usuarios en 2022

Undefined

Hoxe mércores, 11 de xaneiro, celébrase o Día dos Usuarios das Bibliotecas, unha xornada na que se recoñece  aos principais protagonistas da actividade bibliotecaria, pois os usuarios son parte imprescindible deste servizo público que ten como principal misión favorecer o acceso á lectura e á información.

En 2022 a Biblioteca Pública Municipal de Tui realizou un total de 12.788 préstamos de libros, cunha media de 1.066  préstamos ao mes, a un total de 988 usuarios activos da Biblioteca tudense.

Preséntase en Tui o libro “Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida”

Undefined

Este venres, 13 de xaneiro, ás 19.30 h na Biblioteca Municipal de Tui, terá lugar a presentación do libro “Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida”. Esta publicación foi elaborada durante o confinamento polo Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego e destinado para o enredo neses espazos reducidos en clima familiar. Trátase dunha ampla e variada mostra de xogos e brinquedos de doada realización que axudan á convivencia harmónica e á socialización.

O alcalde de Tui abordou co director xeral de Cultura a programación do ano Francisco Sánchez

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu hoxe na Casa do Concello tudense ao director Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, Anxo Lorenzo Suárez. O obxecto desta xuntanza foi presentarlle ao máximo responsable da acción cultural da Xunta de Galicia o programa elaborado polo Concello de Tui para a celebración deste ano 2023 como “Ano Francisco Sánchez”.

Máis de 500 persoas participaron nas actividades de Nadal da Biblioteca Municipal

Undefined

520 persoas de Tui e da contorna participaron nas actividades de Nadal organizadas pola Biblioteca Pública Municipal de Tui durante as festas de Nadal.

Por unha banda aos cinco obradoiros desenvolvidos polas mañás entre o 26 e o 30 de decembro con temática diversa asistiron 146 nenos e nenas. Os obradoiros celebrados foron de obxectos de Nadal, animais fantásticos, xogos, contos e maxia.

A exposición “O Camiño Portugués, lembranzas de mar e de pedra” foi visitada por 650 persoas en decembro

Undefined

A exposición “O Camiño Portugués, lembranzas de mar e pedra” foi visitada por 650 persoas durante o mes de decembro.  A mostra, que foi inaugurada o 1 de decembro, na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui presenta 71 fotografíaas dos séculos XIX, XX e XXI, nas que se reflicten ás realidades, paisaxes e patrimonio da ruta xacobea que une as cidades do Porto e Santiago de Compostela e que ten en Tui a súa porta histórica de entrada en Galicia.

A Eurocidade Tui-Valença lanza o seu Calendario para este ano 2023

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario ilustrado con diferentes lugares das dúas cidades pintados polo artista portugués Antonio Nunes. Baixo o lema ‘A Eurocidade Tui-Valença non se sente, vívese!’ recóllense os principais monumentos e lugares emblemáticos das cidades para este calendario do 2023.

Páginas

Suscribirse a RSS - Cultura