A Biblioteca Municipal de Tui celebra o Día da Biblioteca cun contacontos para bebés con Charo Pita
Mañá martes, 24 de outubro, celébrase o “Día da Biblioteca” e na Biblioteca Municipal tudense haberá, ás 17.30 h, unha sesión de contacontos dirixido aos seus usuarios máis cativos, entre 0 e 3 anos de idade. Estará a cargo de Charo Pita co espectáculo “Porco porquiño, ensíname o camiño”. Tamén ao longo da xornada os usuarios da biblioteca serán agasallados con libros, que poderán escoller, procedentes de duplicados, expurgos e doazón da biblioteca.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.