O MUMI 2023 volverá conectar artistas e profesionais da industria musical de Galiza e Portugal en setembro
O encontro profesional das músicas do Minho xa ten datas para a edición 2023. Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestión cultural, xornalistas e público xeral teñen unha nova cita na Eurocidade Valença-Tui do xoves 21 ao domingo 24 de setembro. Esta edición amplíase a catro días de música e encontros profesionais que terán lugar en localizacións emblemáticas de ambos municipios e que converterán de novo á Eurocidade nun polo de intercambio cultural e económico entre os dous países.