Mondra actuará o domingo de San Telmo, 7 de abril, con “Folía das Ardentes”
A música será unha das grandes protagonistas das Festas de San Telmo. Amais do concerto que Fillas de Cassandra ofrecerá este sábado 30 ás 00 h Espazo Feiral, o domingo 7 de abril, Domingo de San Telmo, subirá ao escenario Mondra coa xira “Folía das Ardentes”. Este é un espectáculo de gran formato no que se mestura a percusión tradicional galega e a electrónica e as danzas urbanas. Baixo a dirección artística do bailarín e coreógrafo Daniel Rodríguez, abre unha porta á terra ARDENTE.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.