Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

Máis de 200 nenos e nenas participan no Campamento de Verán Igual É + 2022

Undefined

Un total de 228 nenos e nenas, con idades entre os 3 e os 12 anos, participarán no Campamento de Verán Igual É + 202 organizado polo Concello de Tui a través das concellerías de Deportes e Igualdade.  O obxectivo é facilitar a conciliación familiar durante a época estival ao tempo que brindar aos nenos e nenas unha actividade de lecer durante as vacacións.

A educación en diversidade e un “Serán de Fantasía” centran o programa “Tui con orgullo”

Undefined

Celebrar a diversidade e reivindicar unha sociedade máis xusta é o obxectivo do programa de actividades “Tui con orgullo” que por terceiro ano consecutivo se vai celebrar organizado pola Concellería de Igualdade. As actividade comezaron o pasado 17 de xuño e se van prolongar até o venres 1 de xuño.

Dende o próximo luns e para visibilizar “Tui con orgullo” colgarase da casa do Concello a bandeira representativa deste colectivo, ao tempo que o palco da música no Paseo da Corredoira iluminarase coas cores do arco da vella

Alumnado dos institutos tudenses participou nos obradoiros de igualdade e erradicación da violencia de xénero

Undefined

Alumnado do IES San Paio e do IES Indalecio Pérez Tizón participou ao longo do mes de abril en varios obradoiros de igualdade e de erradicación da violencia de xénero organizados pola concellería de Igualdade do Concello de Tui para lograr unha igualdade real.

Balance positivo da I Xornada de Negocio “Mulleres Conectadas” celebrado hoxe en Tui con preto de 40 participantes

Undefined

Balance positivo da primeira xornada de negocio “Mulleres Conectadas” celebrada esta mañá na Aula da UNED de Tui dentro da programación do Día Internacional da Muller.

Mulleres emprendedoras, empresarias e directivas de moi diversos ámbitos coñecéronse, compartiron experiencias e inquedanzas neste encontro que buscaba propiciar a formación de redes profesionais que a súa vez permitan xerar oportunidades laborais e de negocio.

Proceso de Participación proposta nomes de Mulleres para rúas e espazos públicos

 Actualizar o nome das rúas e dos espazos municipais de Tui incorporando nomes de mulleres destacadas na historia, economía, movementos sociais, ciencia, cultura, é o obxectivo do traballo que está a desenvolver o concello de Tui, dando así cumprimento á medida 7.3 do III Plan de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes de Tui 2020-2024 .

Undefined

Tui busca nomes de mulleres para as rúas e espazos públicos

Undefined

 Actualizar o nome das rúas e dos espazos municipais de Tui incorporando nomes de mulleres destacadas na historia, economía, movementos sociais, ciencia, cultura, é o obxectivo do traballo que está a desenvolver o concello de Tui, dando así cumprimento á medida 7.3 do III Plan de Igualdade de Oportunidades de Mulleres e Homes de Tui 2020-2024 .

Pages

Subscribe to RSS - Igualdade