As siluetas femininas de “Tui soña” realizada polos escolares tudenses están expostas na casa do concello
A casa do concello acolle até este venres a exposición das siluetas de mulleres do proxecto “Tui soña”. Todos os centros educativos de Tui participaron nesta iniciativa da concellería de Igualdade convocada co gallo do 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Con este proxecto traballouse coas novas xeracións dende a educación sobre este tema.




