O parladoiro celebrado esta tarde na Sala Municipal destaca as múltiples conexións da literatura galega co mar
Hai moitas formas de ver o mar e todas elas teñen presenza na literatura galega aínda que con formas desiguais. Esta é unha das ideas que se abordaron no Parladoiro “Galicia navegante no imaxinario literario” que se desenvolveu esta tarde en Tui da man dos escritores Víctor Freixanes e Pemón Bouzas, con Ramón Nicolás como moderador. A cita era unha da actividades complementarias da exposición “Inventio mundi” que se pode ver nesta mesma localidade ata o 9 de xuño e que documenta unha parte descoñecida da historia da navegación galega.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.