Cinco compañías e oito funcións abren mañá o Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença
Mañá venres, 23 de xullo, comeza Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença coas primeiras oito funcións da man de cinco compañías. Dende ás tres e media da tarde hora española e até a medianoite as rúas e prazas de Tui e Valença converteranse no escenario no que gozar de espectáculo de teatro, clown, música, …





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.