Nova Galega de Danza presenta mañá venres en Tui “Leira”
“Leira” é o título do espectáculo que Nova Galega de Danza presentará mañá venres, ás 21 h, na praza de San Fernando dentro do programa “Propulsa Danza+Paisaxe+Patrimonio” da Xunta de Galicia, e formando parte da programación cultural do verán do Concello de Tui.
O espectáculo contará con aforo limitado a 120 persoas. As prazas cubriranse por orde de chegada, con acceso pola praza Norte.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.