Un centenar de nenos e nenas participan nos obradoiros de Nadal da Biblioteca Municipal de Tui
Esta tarde e mañá martes continúan os Obradoiros de Nadal na Biblioteca Municipal de Tui que contaron con gran acollida completándose todas as prazas dispoñibles. Así un centenar de nenos e nenas, 25 por actividade, están a participar nestas festas nos catro obradoiros promovidos pola Biblioteca Pública Municipal tudense no seu programa de actividades de animación e dinamización da lectura.
As primeiras citas foron o pasado mércores 29 e xoves 30 de decembro cos obradoiros “Arte con papel - Papiroflexia/Origami” e “Reciclando a Música - Instrumentos con material reciclado.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.