O Concello de Tui conmemora o CXXX aniversario dos Xogos Florais de Galicia (1891-2021) cun recital poético
O Concello de Tui, a través da súa concellaría de cultura, conmemorará esta semana o CXXX aniversario da celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 e que marcaron un singular fito na historia de Galicia, ao ser o primeiro acto público celebrado integramente na nosa lingua.